Marisol Yagüe
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Marisol Yagüe Reyes ![]() 1952 ![]() La Línea de la Concepción, España ![]() |
![]() | |
2003 – 2006 ← Julián Muñoz – Tomás Reñones Crego → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
Partido político | Grupo Independiente Liberal ![]() |
Marisol Yagüe, nada en La Línea de la Concepción (provincia de Cádiz) en 1952, é unha política española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Converteuse en alcaldesa de Marbella o 13 de agosto de 2003 grazas a unha moción de censura apoiada por oito tránsfugas do que era entón o seu partido (o GIL, Grupo Independiente Liberal), tres edís do PSOE e outros tres do PA, arrebatándolle o posto ao ata entón alcalde Julián Muñoz, tamén do GIL.
Tras a moción de censura, Yagüe abandonou o GIL tras 12 anos e pasou ao Grupo mixto A xunto aos tránsfugas do GIL. Trátase da primeira muller que se converteu en rexedora marbellí e o inicio do seu mandato supuxo o fin de máis dunha década de goberno do GIL no municipio.
Escándalos
[editar | editar a fonte]Como alcaldesa, Yagüe enfrontouse a varios escándalos de corrupción. En 2006 a súa casa foi embargada de forma preventiva despois de que unha empresa construtora a acusase de tentar pagarlle a reforma que fixera á súa vivenda con diñeiro municipal.[1][2][3] O 1 de abril de 2006 ingresou en prisión incondicional como imputada polo caso Malaya, aínda que saíu do cárcere posteriormente baixo fianza.
O 27 de xaneiro de 2016 ingresou no cárcere de Alhaurín de la Torre para cumprir unha pena de cinco anos e medio polo caso Malaya.[4]
En 2020, a Audiencia de Málaga iniciou un xuízo contra Yagüe, que foi acusada polos delitos de prevaricación e malversación e por designar ao seu marido no ano 2003 (tamén procesado nesta causa) como coordinador nunha área do Concello de Marbella sen seguir os procedementos legais estabelecidos.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Europa Press/Redacción (8 de marzo de 2006). "Decretan el embargo preventivo de la casa de la alcaldesa de Marbella por un impago millonario". www.elmundo.es (en castelán). Consultado o 2023-06-11.
- ↑ Simón, Hugo (23 de decembro de 2005). "Copasur insinúa que Yagüe usó dinero público en la obra de su casa". La Opinión de Málaga (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 Redacción (12 de outubro de 2020). "Nuevo capítulo judicial contra Yagüe, exalcaldesa de Marbella: al banquillo por colocar a su marido". El Español (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2023.
- ↑ Bayona, V.R. (27 de xaneiro de 2016). "Marisol Yagüe ingresa en la prisión de Alhaurín de la Torre para cumplir su condena por el caso Malaya". Diario de Sevilla (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- El culebrón marbellí (III): Marisol Yagüe en 20minutos.es
- Ascenso y caída de Marisol Yagüe en elmundo.es
- Corrupción en Marbella: Cronología en elmundo.es