Mariví Villaverde
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1922 Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | 23 de abril de 2017 (94/95 anos) Ribadumia, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Actividade literaria, drama, actividade tradutora, Escrita creativa e profesional e tradución |
Lugar de traballo | Galicia |
Ocupación | xornalista, dramaturga, escritora, tradutora |
Familia | |
Cónxuxe | Ramón de Valenzuela |
Pai | Elpidio Villaverde |
Premios | |
| |
María Victoria Villaverde Otero, nada en Vilagarcía de Arousa en 1922 e finada en Ribadumia o 23 de abril de 2017,[1] foi unha escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Elpidio Villaverde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 marchou coa familia desde Vigo a Marsella, despois instaláronse en París. Estudou en Orléans mentres no verán toda a familia se instalaba en Bordeos. En Francia coñeceu ao que había ser o seu home, Ramón de Valenzuela. Co estoupido da Segunda guerra mundial, a familia Villaverde marchou para a Arxentina. Volveu a Vilagarcía en 1944 para casar con Ramón de Valenzuela en febreiro de 1945, co que marchou novamente para Buenos Aires en 1949. En Buenos Aires traballa no Teatro Galego da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales e dirixe con Arturo Cuadrado o periódico Galicia onde publica algúns artigos con pseudónimo Mª V. Arealonga. En 1966 retornaron definitivamente a España, instalándose en Madrid.
Obras
[editar | editar a fonte]- Tres tiempos y la esperanza, 1962.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Falece Mariví Villaverde, alma e memoria do exilio galego Arquivado 25 de abril de 2017 en Wayback Machine. Sermos Galiza, 24/4/2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Biscainho-Fernandes, Carlos-Caetano (2022). "The Emancipatory Praxis of Women in Galician Emigration and Exile Theatre in Buenos Aires during the Mid-Decades of the Twentieth Century" (PDF). Humanities. 11(4): 85: 1-10.
- Graña Pérez, Beatriz (2003). Voces da memoria: galegas exiliadas, emigradas e resistentes durante o réxime franquista. Concello de Santiago e USC. ISBN 84-9750-267-1.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Mejía Ruiz, C. (dir.) (2011). Dos vidas y un exilio: Ramón de Valenzuela y María Victoria Villaverde. Estudio y antología. Madrid: Editorial Complutense. ISBN 978-84-9938-087-2.