Marouna
Marouna é segundo a tradición oral das Illas Cook un antepasado dos arikis de Aitutaki, a súa descendencia deu orixe ás catro xefaturas tradicionais da illa: Vairuarangi Ariki, Tamatoa Ariki, Teurukura Ariki e Manarangi Ariki.
Orixe
[editar | editar a fonte]A nai de Marouna era Maine-marae-rua, descendente de Ruatapu, un dos tres grandes devanceiros fundadores de Aitutaki. Maine Maraeura fora enviada a Rarotonga para casar con Tamaiva, que morreu sen deixar descendentes, logo casou con Te-ii-mate-tapu, do que naceu Marouna, o rapaz pasou a súa xuventude en Rarotonga, casou con Ratia co que tivo un fillo de nome Tane. Por esta época a illa de Aitutaki sufriu unha invasión procedente do leste, a dos Atiu. O avó de Marouna, Maevarangi, o gran xefe de Aitutaki, mandou unha canoa a Rarotonga para atopar os fillos de Maine-marae-rua para que lle axudasen a combater os Aitu.
Liberación de Aitutaki
[editar | editar a fonte]Antes de se dirixir cara a Aitutaki, Marouna sen tempo para construír unha vaka, pídella a Angainui, conservando o nome da embarcación, Te mata o te-koviri, mais tamén lle deu 6 homes para o acompañar á terra dos seus devanceiros. Desembarcou en varias illas e logo de celebrar combates recrutou guerreiros en todas elas. A Aitutaki chegou pola noite e logo de loitas que duraron catro días ata que venceu, como recompensa deulles unha leira de terra a cada un dos guerreiros que ían con el.
Descendencia
[editar | editar a fonte]Á morte de seu avó, Maeva Rangi, Marouna sucedeulle como ariki de Aitutaki. Casou en segundas nupcias con Uenuku Kaiatia, coa que tivo un fillo de nome Te Tupu o Rongo, que tivo tres fillos con tres mulleres diferentes, dándolle a cada un o título de ariki, e mais tamén llo deu a Tane, o fillo que tivera Marouna en Rarotonga, formándose dese xeito os catro arikis tradicionais de Aitutaki
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Timi Koro , "The story of the canoe Te Kare-roa-i-tai, which was sailed by Ruatapu Ariki" in JPS, 1934
- Collectif, "Te akapapaanga o te ui ariki o Araura" in "Te Korero o Aitutaki na te Tumu Korero", Ministry of Cultural Development, 1992, p. 44-45.
- Maui Pomare, "Roina and Urirau return to Aitutaki", in "Legends of the Maori (Volume 2)", Papakura, New Zealand.
- Howard Henry, "The Book of Tetaura-Raru, The Henry Family of the Cook Islands : Our Genealogy of 1000 years", Sovereign Pacific Publishing Company, Auckland, New Zealand.