Ariki
O ariki é o xefe tradicional hereditario dunha tribo[1] (vaka) nas Illas Cook, traducido por fontes occidentais como soberano ou rei, está relacionado con outros xefes tradicionais da Polinesia como o ‘ariki (Illa de Pascua), aliki (Tokelau, Tuvalu), ali‘i (Samoa, Hawai), ari'i (Illas da Sociedade) ou ‘eiki (Tonga).
Historia
[editar | editar a fonte]Cada illa estaba gobernada por varios ariki, en Rarotonga había cinco ou seis, mentres que nas outras illas había normalmente tres ou un, por baixo deles estaba a nobreza menor, mataiapo e rangatira. O control sobre os membros da tribo víñalle polo seu mana, poder, que non só derivaba do seu nacemento senón tamén polas súas habilidades e status, que podía gañar ou perder, facendo que declinase o seu mana ata perder o control da tribo. Ademais o ariki tiña o control do tapu (tabú) que prohibía a realización de determinadas actividades. A conxunción da crenza no mana e o control do tapu permitíalle o control dos súbditos sen precisar uso ningún da forza [2]. En principio reservado aos homes a partir de mediados do século XIX permitiuse ao acceso ás mulleres. O título de ariki preservouse ata a actualidade, e as súas cerimonias e tradicións aínda se practican con vigor no arquipélago e manteñen un lugar importante na vida social insular, e unha certa influencia política que se manifesta na Cámara dos Ariki (Are Ariki), unha segunda cámara do parlamento con poder limitado establecida en 1967 e composta polos arikis
Arikis
[editar | editar a fonte]Rarotonga
[editar | editar a fonte]Rarotonga subdivídese en tres "vaka" (Tribos) aos que corresponden 6 ariki.
Título | Titular actual | Tribo |
---|---|---|
Pa Ariki | Pa Tepaeru Teariki Upokotini Marie Ariki Presidente da Cámara dos Ariki de 1992 a 2002 |
Takitumu |
Kainuku Ariki | Kainuku Kapiriterangi Ariki | Takitumu |
Makea Nui Ariki | título vacantes desde 1994, con varias liñas en disputa | Teauotonga |
Makea Karika Ariki | Makea Karika Margaret Ariki | Teauotonga |
Makea Vakatini Ariki | Makea Vakatini Joseph Ariki | Teauotonga |
Tinomana Ariki | Tinomana Ruta Tuoro Ariki | Puaikura |
Ngaputoru
[editar | editar a fonte]Historicamente tres xefaturas (os Ngati Te Akatauira, os Ngati Nurau e os Ngati Paruarangi) gobernaban as illas de Atiu, Mauke, Mitiaro e Takutea designadas coa apelación xenérica de Ngaputoru, cada un dos xefes de Atiu era ariki, mentres que os xefes das outras illas eran representantes destes)[3], pero hoxe están considerados ariki por dereito propio.
Atiu
[editar | editar a fonte]Título | Titular actual | Tribo |
---|---|---|
Ngamaru ariki | Henry Ngamaru Ariki | Ngati Te Akatauira |
Rongomatane ariki | Rongomatane Ada Teaupurepure Tetupu Ariki. Presidente da Cámara dos Ariki de 2006 a 2008 |
Ngati Paruarangi |
Parua ariki | Mataio Kea Ariki | Ngati Nurau |
Mitiaro
[editar | editar a fonte]Título | Titular actual | Tribo |
---|---|---|
Te Maeu o te Angi | Temaeu Teikamata Mii Ariki | Ngati Te Akatauira |
Tava | Tetava Poitirere Ariki | Ngati Paruarangi |
Tou | Tou Travel Ariki Presidente da Cámara dos Ariki de 2002 a 2006 e de novo desde decembro de 2008 |
Ngati Nurau |
Mauke
[editar | editar a fonte]Título | Titular actual | Tribo |
---|---|---|
Te Au | Te Au Marae | Ngati Te Akatauira |
Tararo | Tararo Temaeva Ariki | Ngati Paruarangi |
Tamuera | ??? | Ngati Nurau |
Aitutaki
[editar | editar a fonte]As catro xefatura proveñen dunha migración de Ruatapu pola liña de Marouna
Título | Titular actual | Tribo |
---|---|---|
Vaeruarangi Ariki | Vaeruarangi Teaukura Ariki | |
Teurukura Ariki | Título vacante | |
Manarangi Ariki | Manarangi Tutai Ariki | |
Tamatoa Ariki | Tamatoa Purua Ariki |
Mangaia
[editar | editar a fonte]Título | Titular actual | Tribo |
---|---|---|
Numangatini ariki | Numangatini Nooroa Ariki | Nga Ariki |
Manihiki e Rakahanga
[editar | editar a fonte]Dúas illas separadas por trinta quilómetros que están constituídas por catro tribos e dous ariki.
Título | Titular actual | Tribo(s) |
---|---|---|
Te Faingaitu Ariki | Vacante, en disputa por varias liñas | Heahiro ; Mokopuwai |
Te Fakaheo Ariki | Te Fakaheo Trainee Ariki | Numatua ; Tiangarotonga |
Pukapuka
[editar | editar a fonte]Título | Titular actual | Tribo |
---|---|---|
Tetio Kaitara Pakitonga Ariki | Pukapuka |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Aínda que en Rarotonga unha tribo pode ter dous arikis
- ↑ Errol Hunt & Nancy Keller Rarotonga & the Cook Islands, p.10
- ↑ Ngatupuna Kautaie outros Atiu: an island community, p. 32