Makea Nui Ariki
Makea Nui Ariki é unha das tres dinastías de ariki da tribo (Vaka) de Teauotonga en Rarotonga (Illas Cook), xunto coa dos Makea Karika Ariki e a dos Makea Vakatini Ariki. Tradicionalmente foi a que máis influencia política tiña das tres.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Segundo a literatura oral o fundador foi Karika, orixinario de Manu'a (actualmente na Samoa Americana), quen chegou a Rarotonga a mediados do século XIII, contemporáneo de Tangiia Nui, fundador da tribo de Takitumu e co que se aliou, ofrecéndolle como esposa a súa filla, Mokoroa ki Aitu. A mediados do século XVIII, Makea Te Patua Kino confire a tres fillos seus un título de ariki, que son a orixe das tres xefaturas actuais da tribo. Desde 1994 o título está en disputa por varias pólas da familia Makea. A sede da dinastía é o Para o Tane, comunmente denominado Palacio Makea, situado no centro de Avarua, preto do antigo koutu de Taputapuatea.
Arikis
[editar | editar a fonte]De Karika a Makea Te Patua Kino (c.1250-c.1750)
[editar | editar a fonte]O nome dos arikis entre o século XIII e mediados do século XVIII débense á tradición oral. Recolléronse varias xenealoxías, non sempre coincidentes. A de Henry H. Nicholas, que realizou a comezo da década de 1890, foi recollida do ariki Makea Takau e publicouse no Journal of the Polynesian Society co título de Ko te papa ariki teia mei Avaiki mai, mei roto ia papa. A versión de Stephen Savage, baseada en Tamuera Te Rei, difire notablemente da anterior, mentres que a de Edward Robert Tregear, publicada na obra Maori-Polynesian Comparative Dictionary (1891), se aproxima máis á primeira, aínda que non achega datos do informante.
Versión de Makea Takau | Versión de Tamuera Te Rei | Versión publicada por Edward Tregear |
---|---|---|
|
|
|
De Makea te Patua Kino en diante
[editar | editar a fonte]- Makea Te Patua Kino
- Makea Pini
- Makea Tinirau, que abdicou no seu fillo Makea Pori en 1823, logo dunha guerra civil entre Teauotonga e Takitumu, finou en 1826.
- Makea Pori (1823-1839).
- Makea Davida (1839-1845), fillo do anterior.
- Makea Te Vaerua (1845-1857), irmá do anterior, foi a primeira muller en obter o título de ariki.
- Makea Daniela (1857-1866), irmán da anterior.
- Makea Abela (1866-1871), irmán do anterior.
- Makea Takau Ariki (1871-1911). Nada en 1840, era filla de Makea Davida e dunha muller da familia Manarangi[4] ou de Makea Te Vaerua[5]. Casou con Ngamaru Rongotini Ariki, un dos tres arikis de Atiu
- Rangi Makea Ariki (1911-1921), casou con Tapumanoanoa, filla de Papehia e Tinomana Enuarurutini.
- Makea Nui Tinirau Teremoana Ariki (30 de agosto de 1921-25 de xaneiro de 1939), accedeu ao título con controversia, xa que os mataipo da tribo fixeron saber a súa preferencia por Ngoroio Pori Makea (fillo de Makea Daniela).
- Makea Nui Takau Margaret Tinirau Rio Ariki (1939-1949), filla de Makea Nui Tinirau Teremoana Ariki. Casou en 1928 Edward Te Whiti Rongomai Love, maorí de Nova Zelandia, que morreu comandando o 28º Batallón (Maorí) durante a segunda guerra mundial en Europa.
- Makea Nui Tapumanoanoa Teremoana Ariki (1950-1994), segunda filla de Makea Nui Tinirau.
Pretendentes ao título (1994-2010)
[editar | editar a fonte]Logo da morte de Makea Nui Tapumanoanoa Teremoana Ariki, apareceron numerosos pretendentes ao título pero ningún accedeu legalmente a el a pesar de numerosas tentativas de reconciliación e procesos xudiciais.
- Inanui Love Nia, filla de Makea Nui Takau Margaret Ariki e Edward Te Whiti Rongomai Love, morta en outubro de 1996. O Tribunal Supremo das Illas Cook negoulle ao acceso ao título por non consultar ao Potikitaua, o voceiro (va'a tuatua) da xefatura, a pesar de que el mesmo se autotitulara con ese título[6]
- Mere Maraea MacQuarrie, a filla máis nova de Makea Nui Teremoana Ariki, foi investida co título e participa nas xuntanzas da Cámara dos Ariki sen xurar o posto.
- Nooroa Matua, da liña Sadaraka, afirmou ser investido no Palacio Makea o 14 de agosto de 1998 logo de ser elixido pola súa tribo[7]. Morreu en abril de 2009
- Yolande Browne, afirma descender de Putua Ariki, fillo de Rangi Makeakea.[8]. O seu pai, William Parau Browne, reivindicara o título en 1939 diante o Tribunal Supremo logo da morte de Makea Nui Tinirau.
- Matapo Oti Oti, orixinario de Mauke mais vivindo en Tahití desde a década de 1970[9].
- Upokotoko'a, que descende do ariki Makea Abela.
- Stanley (Tutavake) Adam Hunt (Taka'ia Ta'unga) recibiu o 16 de maio de 2009 unha investidura no marae de Oroenga sen recoñecemento polo goberno[10]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Makea Pori, coa Biblia nunha man e o atributo de xefe (ta'iri) na outra
-
(De esquerda a dereita) Ngamaru Rongotini Ariki (Atiu), Louisa Jane Seddon, Makea Takau Ariki e Richard Seddon primeiro ministro de Nova Zelandia de 1893 a 1906.
-
Makea Nui Tinirau Teremoana Ariki (primeira fila, 2º a partir da esquerda) no Consello Insular de Rarotonga (ca. 1923-1925)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ronald Gordon Crocombe. Land Tenure in the Cook Islands, p. 21
- ↑ É o fillo máis novo de Rangi-Makea na versión de Tamuera te Rei
- ↑ Tukarae é o fillo de Tumupu (irmán de Ekeeke)
- ↑ Report of the Australasian Association of the Advancement of Science, volume 2, 1890.p 628.[1]
- ↑ Maretu, "Cannibals and Converts", p.97. Marjorie Crocombe afirma nunha nota, "Makea Te Vaerua was a classificatory mother of Makea Takau"
- ↑ "Changes to succession to Makea Nui tribal title?" Cook Islands Herald, 15 de abril de 2009)
- ↑ Matua v Manarangi (1998) CKHC 1; APPLICATION 306.1998 (14 August 1998)
- ↑ "Makea contender wanting to rewrite history?" (Cook Islands Time n°272 du 13 octobre 2008)
- ↑ "Tahiti clamant seeks title (Cook Islands News du 20 janvier 2009)". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 24 de decembro de 2010.
- ↑ ""Another makes claim for Makea Nui title" (Cook Islands News du 16 mai 2009)". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2009. Consultado o 24 de decembro de 2010.