Mars 1M
Aparencia
Mars 1M foi o nome dun modelo de sondas espaciais soviéticas que se intentaron lanzar para facer un sobrevoo de Marte nos comezos da era espacial e obter datos e imaxes do planeta. Ámbalas dúas sondas non chegaron nin á órbita terrestre por fallo dos seus foguetes lanzadores, uns Molniya.[1][2]
As dúas sondas Mars 1M que se intentaron lanzar eran idénticas e tiñan unha masa duns 640 kg. Como instrumentación científica levaban a bordo un magnetómetro, un contador de raios cósmicos, unha trampa de ións e un detector de micrometeoritos, entre outros.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Data[1][2] | Rampla de lanzamento[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|---|
10 de outubro de 1960 | Cosmódromo de Baikonur | Mars 1M Nº1 | Fallo | Fallo da segunda etapa e perda do control do foguete. |
21 de febreiro de 1966 | Cosmódromo de Baikonur | Mars 1M Nº2 | Fallo | Fallo da última etapa, non chegando a órbita e caendo de novo a terra. |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mars 1M |