Mars M-73
Mars M-73 ou Mars M73 foi o nome de dous modelos de sondas espaciais soviéticas que se lanzaron cara Marte no ano 1973 para obter datos e imaxes do planeta. Debido á aliñación desfavorable entre Marte e a Terra ese ano, deciduse lanzar por separado dous orbitadores (Mars 4 e Mars 5) e dous aterrizadores (Mars 6 e Mars 7) cos seus correspondentes módulos de cruceiro que non entrarían en órbita. As catro sondas foron lanzadas con éxito, pero unha remesa de chips defectuosos (durante as probas previas ós voos foron tratados con helio, danandoos) non puideron completar con éxito os seus cometidos.[1][2][3]
A misión dos orbitadores era estudar a composición, estrutura e propiedades da atmosfera marciana e fotografar a superficie. Os aterrizadores debían estudar a superficie, indo equipados con fotómetros e analizadores de masa.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Data[1][2] | Rampla de lanzamento[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|---|
21 de xullo de 1973 | Cosmódromo de Baikonur | Mars M-73 Nº1 (Mars 4) | Éxito parcial | A nave chegou ás proximidades de Marte o 10 de febreiro de 1974, pero debido a uns chips defectuosos, os ordenadores de a bordo non acenderon os retrofoguetes para entrar en órbita marciana. |
25 de xullo de 1973 | Cosmódromo de Baikonur | Mars M-73 Nº2 (Mars 5) | Éxito parcial | A sonda chegou a entrar en órbita marciana, pero debido ao problema dos chips defectuosos, só operou uns poucos días antes de perderse o contacto con ela. |
5 de agosto de 1973 | Cosmódromo de Baikonur | Mars M-73 Nº3 (Mars 6) | Éxito parcial | A sonda chegou a Marte o 12 de marzo de 1974, separándose correctamente do módulo de cruceiro. Entrou na atmosfera e despregou o paracaídas sen problemas, transmitindo 150 segundos de datos sobre a atmosfera (os primeiros transmitidos directamente desde ela), a maior parte sen sentido debido ao problema cos chips defectuosos. No momento de acender os retrofoguetes para a toma de contacto coa superficie, perdeuse o sinal da sonda. |
9 de agosto de 1973 | Cosmódromo de Baikonur | Mars M-73 Nº4 (Mars 7) | Éxito parcial | A sonda chegou a Marte o 9 de marzo de 1974, pero o aterrizador separouse prematuramente do módulo de cruceiro debido a problema dos chips defectuosos, errando Marte por 1300 km. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2011). "Mars M-73" (en inglés). Consultado o 10 de agosto de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Mars 4, 5 (Mars M73 Orbiter #1, #2)" (en inglés). Consultado o 10 de agosto de 2013.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Mars 6, 7 (Mars M73 Lander #1, #2)" (en inglés). Consultado o 10 de agosto de 2013.