Saltar ao contido

Marshall Sahlins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarshall Sahlins

(2003) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Marshall David Sahlins Editar o valor en Wikidata
27 de decembro de 1930 Editar o valor en Wikidata
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte5 de abril de 2021 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Columbia - Doutor en filosofía (–1954)
Universidade de Míchigan - mestría en artes (–1952)
Universidade de Míchigan - grao en Artes (–1951) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAntropoloxía, Antropologia política (pt) Traducir e antropologia histórica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónantropólogo, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Chicago (1973–)
Universidade de Míchigan Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enAntropoloxía económica Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
DoutorandoDavid Graeber Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosPeter Sahlins Editar o valor en Wikidata
IrmánsBernard Sahlins Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1163926 Dialnet: 945538

Marshall David Sahlins, nado en Chicago o 27 de decembro de 1930 e finado o 5 de abril de 2021,[1] foi un antropólogo estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doutorouse en Antopoloxía pola Universidade de Columbia. Nos anos 60 foi politicamente activo, participando en protestas contra a guerra de Vietnam e asinando o manifesto de escritores e editores norteamericanos polo que se negaban ao pagamento de impostos en sinal de protesta polo conflito bélico. Dende 1973 traballou na Universidade de Chicago, onde foi Profesor Emérito de Antropoloxía.

O seu traballo centrouse en demostrar o poder que ten a cultura para moldear a actuación das persoas á marxe da bioloxía. Deste xeito, os sistemas económicos adáptanse ás circunstancias particulares de cada cultura. Distingue entre dous tipos de evolución das sociedades, por un lado, unha evolución xeral, entendida como a tendencia dos sistemas sociais e culturais a incrementaren o seu nivel de complexidade, organización e adaptación ao ambiente. Mais, por outro, as comunidades humanas non están illadas, de xeito que interaccionan e difunden as súas competencias tecnolóxicas, acabando por se desenvolveren de distintos xeitos ao tempo que son introducidos estes elementos anovadores en combinacións diferentes e en distintas etapas.

En relación directa co anterior entra o cualificativo de sociedades opulentas co que describiu a certas sociedades mesolíticas. Fronte á visión tradicional de comunidades anguriadas pola procura permanente de alimentos nunha natureza hostil, Sahlins xulga unhas comunidades humanas plenamente adaptadas á contorna, eficaces nas súas estratexias de subsistencia e con moito tempo de lecer para atenderen as súas inquietudes intelectuais e de relacións sociais. Así, chega a afirmar que a evolución da cultura trae consigo un aumento da fame, así como unha diminución do tempo libre. Xa que logo, concibe a pobreza como un status social inventado polas sociedades modernas unha vez introducida unha diferenciación entre clases sociais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ripoll, S. et al (2011). Prehistoria. Las primeras etapas de la Humanidad. Editorial Universitaria Ramón Areces.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]