Marta Harnecker
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xaneiro de 1937 Santiago de Chile |
Morte | 15 de xuño de 2019 (82 anos) Vancouver, Canadá |
Causa da morte | cancro |
Ideoloxía política | Marxismo e Materialismo |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, filósofa, socióloga, escritora, psicóloga |
Partido político | Partido Socialista de Chile Partido Comunista de Cuba |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Manuel Piñeiro Losada (1972–1998) Michael A. Lebowitz |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Marta Harnecker, nada en Chile en 1937 e finada en Vancouver o 15 de xuño de 2019, foi unha pensadora[1] marxista chilena.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi unha pensadora marxista da corrente de Louis Althusser de quen foi discípula.[1]
Participou no Goberno de Unidade Popular de Salvador Allende e asesorou a Hugo Chávez.[1]
Foi convidada da Semana Galega de Filosofía.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]- Conceptos elementais do materialismo histórico, 1969.[1]
- Vangarda e crise actual.
- Estratexia e Táctica.
- A esquerda no umbral do século XXI.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Durante os seus anos de estudante foi parella de Rodrigo Ambrosio, un dos fundadores do MAPU.[2] Casou con Manuel Piñeiro, xefe dos órganos de seguridade de Cuba. Tiveron unha filla, Camila Piñeiro. Posteriormente casou co economista marxista Michael Lebowitz, residindo no Canadá. Harnecker dividiu o seu tempo entre este país, La Habana, onde vive a súa filla e Caracas, onde oficialmente seguía habitando e onde recibiu o Premio Libertador al Pensamiento Crítico, o 15 de agosto de 2014.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Morre a pensadora marxista chilena Marta Harnecker". Sermos Galiza. 16 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2019. Consultado o 2019-06-17.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Duarte Correa (16 de xuño de 2019). "Deixounos Marta Harnecker, unha educadora marxista". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2019. Consultado o 2019-06-17.
- ↑ Así se realizó la entrega del Premio Libertador al Pensamiento Crítico para Marta Harnecker; Alba ciudad 96.3 FM, 15 de agosto de 2014.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |