Saltar ao contido

Marta de Mesquita da Câmara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarta de Mesquita da Câmara
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1894 Editar o valor en Wikidata
Porto, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte20 de novembro de 1980 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Actividade
Ocupaciónxornalista, poetisa, escritora Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
PaiTeotónio Simão da Câmara Lima Editar o valor en Wikidata


Marta de Mesquita da Câmara (tamén escrita Martha de Mesquita da Câmara) nada no Porto o 24 de agosto de 1895 e finada no mesmo Porto o 20 de novembro de 1980, foi unha profesora, poeta, xornalista e autora de literatura infantil portuguesa. Tamén usou o pseudónimo de tía Madalena.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Marta de Mesquita da Câmara era de orixe azoriana, xa que era filla do escritor e publicista Teotónio Simão da Câmara Lima, e a súa nai era tía do escritor e xornalista Alfredo de Mesquita.

En 1924, publicou o libro de versos Triste, que foi moi aceptado pola crítica, consagrándoa como poeta. As obras que seguiron afirmaron esta sona, merecendo de Jaime Cortesão o eloxio de ocupar un lugar entre a mellor poesía portuguesa pola elevación do sentimento e o vigor da forma, enxalzando o seu contido sentimentalismo e depuración formal. João Gaspar Simões sitúaa tamén entre os principais poetas portugueses, comparándoa con Florbela Espanca. Tamén foi eloxiada por José Régio na súa crítica literaria.

En 1940 publicou Conte uma História, un conxunto de contos, poemas e fábulas dirixidos á infancia e á xuventude. Neste mesmo xénero literario, mantivo unha sección permanente no xornal O Primeiro de Janeiro e colaborou con outras varias publicacións periódicas, asinando co pseudónimo de Tia Madalena .[1] Tamén foi tradutora de autores de literatura infantil.

Pertenceu aos órganos de goberno da Asociación de Xornalistas e Letras do Porto.

A obra poética de Marta de Mesquita da Câmara foi recollida en Poesias Completas, publicada en 1960. Porén, coñécense creacións posteriores publicadas en publicacións periódicas.[2] Foi membro correspondente da Real Academia Galega[3]

Obras impresas[4]

[editar | editar a fonte]
  • Arco-Íris (1925).
  • Pó do teu caminho… (1926). Lisboa: Edição da "Seara Nova".
  • Relicário
  • Triste (1925).
  • Triste: versos (1934). (2.ª ed. aumentada de moitas poesías inéditas) Porto: Tavares Martins.
  • Conte uma história (contos infantis) (1940). Porto.
  • Poemas (1952). Porto: ed. "O Primeiro de Janeiro".
  • Era uma vez… (1954). (1.ª ). Porto: Liv. Figueirinhas.
  • Era uma vez… (1957). (2.ª ed.) Porto: Liv. Figueirinhas.
  • Poesias Completas, (1960).Porto.
  • Recreio (contos) (1960). Porto: Figueirinhas.
  • Canteiro dos meus amores (contos) (1958). Porto: Figueirinhas.
  • Canteiro dos meus amores (contos infantis) (1962). Porto: Figueirinhas.

Colaboración en publicacións periódicas

[editar | editar a fonte]

Efeméride

[editar | editar a fonte]

Marta de Mesquita da Câmara é lembrada na toponimia dunha rúa de Foz do Douro .

  1. António Ornelas Mendes e Jorge Forjaz, Genealogias da Ilha Terceira, Dislivro Histórica, Lisboa, 2007 (ISBN 978-972-8876-98-2).
  2. Sousa, Martim De Gouveia E. (2006-10-14). "revista de arte e crítica de viseu: Martha de Mesquita da Câmara". revista de arte e crítica de viseu. Consultado o 2022-08-22. 
  3. "Correspondentes". Real Academia Galega. 
  4. "Marta-de-Mesquita-da-Câmara". escritoras-em-portugues.eu. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2020. Consultado o 22 de agosto de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Salvado, António , Antologia da poesia feminina portuguesa, Fundão, Edições Jornal do Fundão, 1980 [1ª edición: 1860; reed.: 1970, 1973], pp. 170-173.