Maruxa Boga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1916 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 26 de xullo de 2010 (93/94 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | actriz, xornalista, locutora de radio |
María Josefina Boga Romaní, máis coñecida como Maruxa Boga, nada en Buenos Aires en 1915 e finada o 26 de xullo de 2010, foi unha locutora de radio, actriz e xornalista galega.
Orixe
[editar | editar a fonte]Maruxa Boga era filla dos galegos Leandro Boga, oriundo de Lestrobe, no concello de Dodro e de María Romaní, oriunda de Noia, que emigraron á Arxentina na primeira vaga migratoria galega do século XX.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa traxectoria como locutora de radio no programa Galicia, que dirixía a actriz Maruxa Villanueva. O 5 de agosto de 1945 comezou a presentar, a canda o actor Fernando Iglesias Sánchez, "Tacholas" e o seu home, o xornalista Alfredo Ángel Aróstegui, o programa de radio Recordando a Galicia na emisora arxentina Radio Rivadavia. Traballou tamén en Radio Excelsior, Radio Prieto, Radio del Pueblo, Radio Antártida etc.[2]
Fundou con Tacholas a compañía de teatro Boga-Tacholas, coa que, de 1941 a 1944, se dedicaron á representacións de comedias, moitas delas de temática galega,[3] principalmente da autoría de Manuel Daniel Varela Buxán. Interpretou a personaxe de Pimpinela de Os vellos non deben de namorarse, baixo a dirección do propio Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, autor da peza.[2]
Logo de que Tacholas deixase en 1953 a presentación do programa, continuou con Arostegui á súa fronte ata marzo de 1984, cubrindo 39 anos de emisións ininterrompidas. O programa foi ademais un referente da comunidade galega na Arxentina, e por el pasaron Castelao, Eduardo Blanco Amor, Antón Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo, Maruxa Villanueva ou Manuel Dopazo Gontade.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Recibiu o Grelo de ouro en 1998 canda a Maruxa Villanueva e Tacholas, polo impulso do teatro galego na Arxentina.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Álbum de Mulleres". CULTURA GALEGA. Consultado o 26/06/2020.
- ↑ 2,0 2,1 Gran Enciclopedia Galega.
- ↑ Enciclopedia Galega Universal
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Boga, María Josefina". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- "Boga-Tacholas, Compañía de Comedias Galegas". Enciclopedia Galega Universal 3. Ir Indo. 1999-2002. p. 400. ISBN 84-7680-288-9.
- Biscainho-Fernandes, Carlos-Caetano (2022). "The Emancipatory Praxis of Women in Galician Emigration and Exile Theatre in Buenos Aires during the Mid-Decades of the Twentieth Century" (PDF). Humanities. 11(4): 85: 1-10.
- Blanco Campaña, Xosé Luís (1995). Radio e prensa na Galicia do exterior. Xunta de Galicia. ISBN 84-453-1304-5.
- Blanco Rosas, J. (decembro de 1998). "Os programas radiais dos emigrantes galegos" (PDF). Revista de Estudios Migratorios (CCG) (6): 195–207. ISSN 1136-0291. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xullo de 2018. Consultado o 27 de xullo de 2018.
- Blanco Rosas, J. (1999). "A radiodifusión galega no exterior" (PDF). Grial. Revista galega de cultura (142): 357–360. ISSN 0017-4181. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xullo de 2018. Consultado o 27 de xullo de 2018.
- Blanco Rosas, J. (2009). "Radiodifusión galega nos países rioplatenses". Murguía (19-20): 69–94. ISSN 1696-9197.
- Blanco Rosas, X. (setembro de 2015). Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1984) (PDF) (Tese). USC. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xullo de 2018. Consultado o 27 de xullo de 2018.
- Blanco Rosas, J.; Pablo Cirio, N. (2017). Maruxa Boga. Recordando a Galicia. A Central Folque. ISBN 9788494771828.
- Marco López, Aurora (2007). Dicionario de mulleres galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 60. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Piñeiro; García (2016). "Recordando a Maruja Boga. La voz de la emigración gallega en la radiofonía Argentina". HICS 21 (2): 541–563. ISSN 1137-0734.
- Samuelle Lamela, Cristina (2000). La emigración gallega al Río de la Plata (PDF) (en castelán). Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2964-2.
- Vilanova Rodríguez, Alberto (1966). Los gallegos en la Argentina (en castelán). Ediciones Galicia.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maruxa Boga |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Campos, Débora (14/2/2008). "“Deus queira que Galiza estea no lugar que Castelao e eu soñamos”". Vieiros.
- Estévez, J. L. (10/9/2010). "Unha voz que nunca calou. Maruxa Boga, símbolo da cultura galega en Arxentina, morreu sen recoñecemento". El País.
- Porteiro, M. X. e Torres, V. (2012) "Maruxa Boga. Voz e memoria da Galicia transterrada en Arxentina" Álbum de Mulleres. CCG.