Mary Cassatt
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Mary Stevenson Cassatt 22 de maio de 1844 Allegheny, Estados Unidos de América (en) |
Morte | 14 de xuño de 1926 (82 anos) Le Mesnil-Théribus, Francia |
Lugar de sepultura | Le Mesnil-Théribus |
Educación | Academia de Belas-Artes da Pensilvânia (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Exipto París Roma Madrid Le Mesnil-Théribus Giverny Grasse Barbizon Filadelfia |
Ocupación | pintora, fotógrafa, gravadora, augafortista |
Xénero artístico | Retrato pictórico, pintura de xénero, Arte de paisaxes e figura |
Movemento | Impresionismo |
Catálogo crítico | Cassatt, A Retrospective (en) (1996) Cassatt (en) (12 de xaneiro de 2017) |
Profesores | Jean-Léon Gérôme |
Participou en | |
17 de febreiro de 1913 | Show de Arsenal (pt) |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | Robert S. Cassatt e Katherine Kelso Cassatt |
Irmáns | Alexander Cassatt Lydia Cassatt |
Premios | |
Descrito pola fonte | Women Painters of the World (Pintoras do Mundo) (pt) , (sec:Cassatt, Miss Mary) Grandes Mestras das Artes (pt) , (p.251) Obálky knih, |
Mary Stevenson Cassatt nada o 22 de maio de 1844 en Allegheny, (Pensilvania) e finada o 14 de xuño de 1926 en Le Mesnil-Théribus, (Francia), foi unha pintora e gravadora americana. Viviu gran parte da súa vida en Francia, onde estableceu unha profunda amizade con Edgar Degas e máis tarde expuxo cos Impresionistas.
Cassatt pintou sobre a vida social e privada das mulleres, cunha particular énfase na unión entre nais e fillos.
Xuventude
[editar | editar a fonte]Cassatt naceu en Allegheny City, Pensilvania, parte actual da cidade de Pittsburgh. Mary naceu no seo dunha familia acomodada: o seu pai, Robert S. Cassatt, era un exitoso axente de bolsa, e a súa nai, Katherine Kelso Johnston, proviña dunha familia de banqueiros. Cassatt medrou nun ambiente onde as viaxes eran parte da súa educación; antes de cumprir os dez anos a rapaza xa viaxara a moitas capitais europeas, incluíndo Londres, París e Berlín.
A pesar de que a súa familia obxectou a súa decisión de converterse nunha artista profesional, ela comezou a estudar pintura na Pennsylvania Academy of the Fine Arts en Filadelfia, Pensilvania (1861-1865). Impaciente co lento ritmo das clases e a actitude condescendente dos estudantes e dos mestres, fixo que decidise estudar os antigos patróns por si mesma, e en 1866 mudouse a París.
Co comezo da Guerra franco-prusiana, Mary Cassatt volveu aos Estados Unidos xunto á súa familia, adicándose á pintura na súa vila, a pesar da dificultade de atopar bos materiais e modelos para as súas pinturas. O seu pai continuou a resistirse á súa vocación, pagando só as súas necesidades básicas, deixando ao seu cargo o pagamento dos seus materiais plásticos. En 1871 volveu a Europa cando o Arcebispado de Pittsburgh lle encargou pintar copias dalgunhas pinturas de Italia, despois do cal viaxou por Europa.
Impresionismo
[editar | editar a fonte]En 1872, Mary Cassatt xa contaba cun estilo maduro, en parte debido ao estudo dos mestres máis importantes e ás indicacións e consellos do seu mestre Camille Pissarro. Ese mesmo ano unha das súas pinturas foi escollida polo xurado para ingresar no Salon de Paris. Respecto á súa obra, os críticos dixeron que as súas cores eran moi rechamantes e que os seus retratos eran demasiado fieis para favorecer ao modelo.
Logo de ver a obra ao pastel de Edgar Degas na fiestra dunha galería de arte, soubo que non estaba soa na súa rebelión. Nunha carta a un amigo atopamos o seguinte:
Adoitaba esmagar o meu nariz contra as fiestras para absorber todo o que podía da súa arte... Cambiou a miña vida, dende entón puiden ver a arte do xeito que sempre quixen vela.Mary Cassatt
En 1874 coñeceu a Edgar Degas quen a convidou a exhibir o seu traballo cos impresionistas, o que finalmente ocorreu en 1879. Pouco despois do seu triunfo cos impresionistas, Cassat deixou a pintura para facerse cargo da súa nai e irmá quen enfermaron logo de mudarse a París en 1877. A súa irmá morreu en 1882 pero a súa nai recuperou a saúde logo do cal Cassat retomou a pintura a mediados de 1880. Permaneceu unida a este círculo até 1886, con todo a súa amizade con Degas e Berthe Morisot non se disolveu.
Cassat continuou en evolución, polo que deixou o impresionismo e achegouse máis cara a unha honesta e sinxela copia da realidade. Contra 1886, xa non se identificaba con este nin con ningún outro movemento artístico e comezou a experimentar con varias técnicas. No seu traballo pódese observar que case un terzo das súas pinturas amosan escenas da vida cotiá e retratos de nais e fillos en íntima relación.
Derradeiros anos
[editar | editar a fonte]A década de 1890 foi a época máis creativa de Cassatt, mesmo se converteu en modelo a seguir para novas artistas americanas, entre as que destacan Lucy A. Bacon, a quen Cassat presentoulle a Camille Pissarro.
En 1891, exhibiu unha serie de coloridas pinturas entre as cales estaban Muller tomando un baño e O salón de beleza, cadros inspirados na arte xaponesa que foron exhibidos en París un ano antes.
Ao iniciarce o novo século, traballou como conselleira en varias coleccións de arte onde deixou estipulado que eventualmete doarían as súas vendas aos Museos de Arte Norteamericanos. Con todo, o recoñecemento da súa arte chegou tardiamente aos Estados Unidos.
O irmán de Cassatt, Alexander Cassatt, (presidente da Pennsylvania Railroad dende 1899 ata a súa morte) morreu en 1906. A morte do seu irmán fixo que non volvese pintar até 1912.
Unha viaxe ao Exipto en 1910 impresionou a pintora coa beleza da súa arte antiga. Diagnosticada de diabetes, reumatismo, neuralxia e cataratas en 1911, seguiu coa súa produción artística, mais en 1914 foi forzada a deixar de pintar ao ir perdendo a vista. Non obstante, Cassatt non deixou a súa actividade, uníndose aos colectivos femininos que loitaban polo recoñecemento do sufraxio feminino, facendo unha exposición de dezaoito cadros en 1915 para apoiar o movemento.
En recoñecemento á súa achega á arte, o goberno de Francia galardoouna coa Légion d'honneur no ano 1904.
A pintora morreu o 14 de xuño de 1926 na vila de Château de Beaufresne, preto de París, sendo soterrada no panteón familiar de Mesnil-Théribus, Francia.
Como a maioría dos pintores da súa época, Cassatt ten escasa presenza nos museos de España. Existe un exemplo de notable importancia, o lenzo "Maternidade", no Museo de Belas Artes de Bilbao.
Galería de traballos
[editar | editar a fonte]-
Trala corrida, 1873, Art Institute of Chicago
-
Cativa sobre unha butaca azul, 1878, National Gallery of Art
-
Na Ópera, 1879, Museum of Fine Arts, Boston
-
No palco, 1879, Colección privada
-
Nai peiteando o cabelo da filla, 1879, Brooklyn Museum
-
Elsie nunha cadeira azul, 1880,
-
Lydia no teatro, 1880, Nelson-Atkins Museum of Art
-
Lilas na fiestra, 1880, Metropolitan Museum of Art
-
Lydia na sala do tear, 1881, Flint Institute of the Arts
-
O patio de butacas, 1882, National Gallery of Art
-
Muller de negro, 1882, Museum of Fine Arts, Boston
-
Nenos na praia, 1884, National Gallery of Art
-
Muller na mesa do té, c.1884, Metropolitan Museum of Art
-
Rapaza arranxando o pelo, 1886, National Gallery of Art
-
Na fiestra, 1889, Louvre
-
Maternité, 1890,
-
A lámpada, c.1891 National Gallery of Art
-
Enfermeira léndolle a unha rapariga, 1895, Metropolitan Museum of Art
-
Bico de nai, 1896, Philadelphia Museum of Art
-
Sara cun gato no colo, 1908,
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mary Cassatt |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mathews, Nancy Mowll, Mary Cassatt: A Life, 1998, Yale University Press, ISBN 0-300-07754-8
- White, John H., Jr. (Spring 1986), America's most noteworthy railroaders, Railroad History, Railway and Locomotive Historical Society, 154, p. 9-15. (mentions family relationship to Alexander J. Cassatt).