Saltar ao contido

Mastodonte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mastodonte
Rango fósil: Mioceno tardío - Plistoceno tardío

Esqueleto de M. americanum, AMNH
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Proboscidea
Familia: Mammutidae
Xénero: Mammut
Especie tipo
Elephas americanum''
Kerr, 1792
Distribución dos Mammut.
Distribución dos Mammut.

Distribución dos Mammut.
Especies

M. americanum Kerr, 1792 (tipo)
M. matthewi Osborn, 1921
M. raki Frick, 1933
M. cosoensis Schultz, 1937

Sinonimia

Mastodon Cuvier, 1817
Tetracaulodon Godman, 1830
Missourium Koch, 1840
Leviathan Koch, 1841 (Emend. Koch, 1843 de Levathan)
Pliomastodon Osborn, 1926

Un mastodonte[1] (en grego: μαστός "peito" e ὀδούς, "dente") é calquera especie dos extintos mammutidae proboscídeos do xénero Mammut que habitaron en América do Norte e América Central durante o Mioceno tardío até a súa extinción no Plistoceno, hai 10 000 ou 11 000 anos.[2] Os mastodontes vivían en mandas e eran predominantemente animais que vivían nos bosques, que se alimentaban dunha dieta mixta obtida de follas e pasto, cunha preferencia estacional polas follas, de xeito semellante ós elefantes vivos.

M. americanum, o mastodonte americano, é a máis nova e mellor coñecida especie do xénero. Desapareceron de América do Norte como parte da extinción masiva da maioría da megafauna do Plistoceno, que puido estar relacionada coa sobre explotación dos cazadores clovis, e posiblemente ó cambio climático.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mastodonte.
  2. Fiedal, Stuart (2009). Haynes, Gary, ed. American Megafaunal Extinctions at the End of the Pleistocene. Springer. pp. 21–37. ISBN 978-1-4020-8792-9. doi:10.1007/978-1-4020-8793-6_2. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2012. Consultado o 15 de marzo de 2017.