Megafauna do Plistoceno
A megafauna do Plistoceno é o conxunto de grandes animais (megafauna) que viviron na Terra durante a época do Plistoceno.[1][2] A maior parte da megafauna do Plistoceno fóra de África extinguiuse durante o evento de extinción do Cuaternario durante o Plistoceno superior, causando cambios substanciais nos ecosistemas a nivel mundial.
Terminoloxía
[editar | editar a fonte]A definición precisa de megafauna é obxecto de discusión e non se acadou un consenso, aínda que unha definición común é calquera animal cun peso corporal adulto de máis de 45 quilogramos (99 libras).
Fauna do Plistoceno en América
[editar | editar a fonte]América do Norte e América do Sur foi o fogar de preguiceiros terrestres, o oso de cara curta (Arctodus simus), diversas especies de tapires, Tayassuidae, o león americano, tartarugas xigantes, Miracinonyx, tigres con dentes de sabre como Smilodon e Homotherium (Machairodontinae), entre outros.
Fauna do Plistoceno en Eurasia
[editar | editar a fonte]Como no caso de América do Sur, Eurasia tiña parte da súa fauna en común coa de América do Norte. En Europa e Asia, destacaron o mamut laúdo, o elefante con presas rectas (Palaeoloxodon antiquus), o uro (Bos primigenius), o bisonte das estepas, o rinoceronte laúdo, o rinoceronte das estepas, o Elasmotherium, o león das cavernas, o oso das cavernas, megaloceros e moitos outros.
Hoxe en día, os maiores mamíferos europeos son o bisonte europeo (que só subsiste en algunhas rexións de Polonia) e o oso pardo.
Extincións insulares
[editar | editar a fonte]Varias illas tiveron faunas únicas que se extinguiron logo da chegada dos humanos, incluíndo mamuts laúdos ananos, aves xigantes como os moas, e diversas especies de hipopótamos e elefantes ananos.
Teorías sobre as extincións
[editar | editar a fonte]As teorías propostas para explicar estas extincións inclúen a caza por humanos, aínda que o papel dos humanos na extinción da megafauna do Plistoceno é controvertido.[3][4][5] Tamén se propuxeron as hipóteses de cambios climáticos e impactos de asteroides. Estes factores non son mutuamente excluíntes e varios deles puideron ter influído simultaneamente.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Megafauna de América
[editar | editar a fonte]-
León americano (Panthera atrox)
-
Preguiceiro xigante (Megatherium americanum)
-
Tigre con dentes de sabre (Smilodon fatalis)
Megafauna de Eurasia
[editar | editar a fonte]-
Mamut das estepas (Mammuthus trogontherii)
-
Bisonte das estepas (Bison priscus)
-
León das caveras (Panthera spelaea)
-
Megaloceros (Megaloceros giganteus)
-
Elasmoterio (Elasmotherium sibiricum)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Malhi, Yadvinder; Doughty, Christopher E.; Galetti, Mauro; Smith, Felisa A.; Svenning, Jens-Christian; Terborgh, John W. (2016-01-26). "Megafauna and ecosystem function from the Pleistocene to the Anthropocene" (en inglés) 113 (4): 838–846. Bibcode:2016PNAS..113..838M. ISSN 0027-8424. PMC 4743772. PMID 26811442. doi:10.1073/pnas.1502540113.
- ↑ Gill, Jacquelyn L.; Williams, John W.; Jackson, Stephen T.; Lininger, Katherine B.; Robinson, Guy S. (2009-11-20). "Pleistocene Megafaunal Collapse, Novel Plant Communities, and Enhanced Fire Regimes in North America" (en inglés) 326 (5956): 1100–1103. Bibcode:2009Sci...326.1100G. ISSN 0036-8075. PMID 19965426. doi:10.1126/science.1179504. Arquivado dende o orixinal o 2022-05-20. Consultado o 2022-05-19.
- ↑ Cooper, Alan; Turney, Chris; Hughen, Konrad A.; Brook, Barry W.; McDonald, H. Gregory; Bradshaw, Corey J. A. (2015-08-07). "Abrupt warming events drove Late Pleistocene Holarctic megafaunal turnover" (en inglés) 349 (6248): 602–606. Bibcode:2015Sci...349..602C. ISSN 0036-8075. PMID 26250679. doi:10.1126/science.aac4315.
- ↑ Vignieri, S. (2014-07-25). "Vanishing fauna (Special issue)" 345 (6195): 392–412. Bibcode:2014Sci...345..392V. PMID 25061199. doi:10.1126/science.345.6195.392.
Aínda que persiste certo debate, a maior parte da evidencia suxire que os humanos foron responsábeis da extinción desta fauna do Plistoceno, e hoxe seguimos a impulsar a extinción de animais mediante a destrución de terras silvestres, o consumo de animais como recurso ou luxo e a persecución de especies que vemos como ameazas ou competidores.
- ↑ Sandom, Christopher; Faurby, Søren; Sandel, Brody; Svenning, Jens-Christian (2014-06-04). "Global late Quaternary megafauna extinctions linked to humans, not climate change" 281 (1787): 20133254. PMC 4071532. PMID 24898370. doi:10.1098/rspb.2013.3254.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Extinct Late Pleistocene Mammals of North America (en inglés)
- End of the Big Beasts (en inglés)
----
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |