Saltar ao contido

Smilodon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Smilodon é un xénero extinto de félido macairodonto. É, quizais, o tigre con dentes de sabre máis coñecido que viviu en Norteamérica e Suramérica durante o Plistoceno (desde hai 2,5 millóns de anos ata hai 10 mil anos). Unha das maiores coleccións de fósiles desta especie recolleuse dos pozos de brea da facenda La Brea de California. Coñécense tres especies do xénero; que varían en tamaño e constitución.

En xeral, o Smilodon ten unha constitución máis robusta que calquera félido moderno, con membros anteriores particularmente ben desenvolvidos e caninos superiores excepcionalmente longos. A súa mandíbula tiña unha apertura maior que a dos félidos modernos, e os seus caninos superiores eran delgados e fráxiles, e estaban adaptados para matar con precisión. Estes atributos probablemente facían de Smilodon un cazador especializado de grandes herbívoros, como bisontes e camelos.

Smilodon probablemente viviu en hábitats pechados, como bosques e mato, que lle daban cobertura para emboscar presas. A súa dependencia de animais de gran porte pode ser a causa da súa extinción; Smilodon desapareceu á vez que a maior parte da megafauna das dúas Américas, hai uns 10.000 anos. Os científicos debaten sobre se Smilodon tiña un estilo de vida social ou solitario; as análises do comportamento de predadores modernos, así como a de restos fósiles do Smilodon poderían interpretarse no sentido de dar apoio tanto a un coma ao outro punto de vista.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Alan Turner & Mauricio Anton, The Big Cats and Their Fossil Relatives, Nova York, Columbia University Press, 1997.