Matilde
Matilde[1] é un nome propio feminino galego. A súa orixe é o xermánico Mahthildis, composto de *maht 'forza' e *hildi 'combate'. Deste nome derivou no occidente da Península Ibérica o nome Mafalda. En galego tamén ten a variante Matilda.[1]
En xaneiro de 2023 existían 1.749 mulleres en Galicia co nome Matilde, cunha media de idade de 69,2 anos[2] e 87 co nome Matilda, cunha media de idade de 8,5 anos.[3]
Santoral
[editar | editar a fonte]14 de marzo: Santa Matilde (Matilde de Ringelheim), nada en Westfalia contra o ano 895 e finada en Quedlinburg en 968; foi raíña consorte de Francia Orientalis, considerada santa pola Igrexa Católica.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]O nome é actualmente (2008) común nos países escandinavos, aparece entre os 10 nomes máis populares das nenas dinamarquesas, e tamén é moi popular en Noruega, Suecia e Finlandia. A súa popularidade tamén está a aumentar noutros países europeos, incluíndo Francia, Reino Unido e outros países anglófonos[4].
Variantes noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Machteld (Lingua holandesa)
- Maddie (Lingua inglesa)
- Mafalda (Italiano), (Portugués)
- Mahaut (Francés)
- Mallt (Galés)
- Matelda (Italiano)
- Mathilda (Inglés), (Sueco)
- Mathilde (Dinamarqués), (Holandés), (Francés), (Alemán), (Noruegués), (Italiano)
- Matild (Húngaro)
- Matilda (Inglés), (Finés), (Sueco), (Eslovaco), (Italiano), (Croata)
- Matilde (PItaliano), (Portugués), (Español), (Dinamarqués), (Galego)
- Mati (Galego, Portugués)
- Matti (Inglés)
- Mattie (Inglés)
- Ματθίλδη (Mathilde, Mathildi) (Grego)
- Matty (Inglés)
- Matylda (Checo), (Polonés)
- Maud (holandés), (Inglés)
- Maude (Inglés), (Francés)
- Maudie (Inglés)
- Mechteld (Holandés)
- Mechtild (Alemán)
- Mechtilde (Alemán)
- Tilda (Inglés), (Finés), (Español), (Sueco)
- Tilde (Dinamarqués)
- Tille (Dinamarqués)
- Tilli (Inglés)
- Tillie (Inglés)
- Tilly (Inglés)
- Tylda (Checo)
Persoas
[editar | editar a fonte]Emperatrices e raíñas consortes
[editar | editar a fonte]- Matilde de Flandres, Raíña consorte de Inglaterra, dona de Guillerme o Conquistador.
- Matilde de Escocia, Raíñ consorte de Inglaterra, primeira esposa de Henrique I.
- Matilde I de Boloña, Raíña consorte de Inglaterra
- Matilde II de Boloña, Condesa de Boloña e Raíña consorte de Portugal
- Matilde de Inglaterra, ou Maud (1102 - 1167), Emperatriz consorte do Sacro Imperio, Condesa de Anju e Señora dos Ingleses, a segunda filla do rei Henrique I de Inglaterra e de Edite de Escocia, raíña de Inglaterra en 1141.
- Matilde de Holstein (c. 1220 - 1288), raíña consorte de Dinamarca.
Princesas e nobres
[editar | editar a fonte]- Matilde Bugallal, nobre galega, nada en Ponteareas no s.XIX, foi a terceira condesa de Bugallal.
- Matilde de Baviera, princesa de Baviera
- Matilde Carolina de Baviera, princesa de Baviera
- Matilde de Bélxica, princesa da Bélxica e duquesa de Brabante.
- Matilde de Portugal, Infanta de Portugal e Condesa da Flandres
- Matilde Ludovica en Baviera, duquesa de Baviera
- Matilde de Canossa (1046 - 1115), señora feudal italiana.
Relixiosas
[editar | editar a fonte]- Matilde de Hackeborn, (c. 890 - 968) santa católica
- Matilde de Ringelheim, (1241 - 1299) santa católica
- Matilde de Magdeburgo (1207 - 1282), beguina e escritora mística cisterciense, compañeira da anterior no mosteiro de Hefta;
Outras
[editar | editar a fonte]- Matilde González Palau, (1912-2002), foi unha escritora en castelán, catalán e galego.
- Matilde Camus (1919-), poetisa de Italia;
- Matilde Asensi (1962-), xornalista e escritora española.
- Mechtilde do Sagrado Sacramento (1614–1698), monxa francesa fundadora da orde
- Mathilda d'Orozco (1796–1863), compositora
- Mathilda Berwald (1798–1877) cantante da corte sueca.
- Mathilda Rotkirch (1813–1842), pintora finlandesa
- Mathilda Foy (1813–1869), filantropista sueca
- Mathilda Gelhaar (1813–1889), cantante de ópera
- Matilda Joslyn Gage (1826–1898), feminista estadounidense
- Mathilda Enequist (1833–1898), cantante de ópera sueca
- Matilda Coxe Stevenson (1855–1915, nada Evans), etnóloga estadounidense
- Mechtilde Lichnowsky (1879–1958), escritora alemá, nada Mechtilde Christiane Marie Gräfin von und zu Arco-Zinneberg
- Matilde Camus (1919 – 2012), poeta española
- Mechtild Rothe (nada 1947), política alemá
- Mathilda May (nada 1965), actriz francesa
- Matilda Rose Ledger (nada en 2005), filla do finado actor Heath Ledger e a actriz Michelle Williams
- Mathilda Chiu (nada en 2007), bailarina do ballet de Macau
Filmes
[editar | editar a fonte]- Matilda's Legacy, un filme australiano protagonizado polo actor estadounidense Oliver Hardy
- Matilda, un filme estadounidense baseado na novela homónima do escritor británico Roald Dahl.
Música
[editar | editar a fonte]- Matilde di Shabran, ópera semiseria (París, 1790) estreada o 24 de febreiro de 1821 no Teatro Apollo de Roma baixo a dirección de Niccolò Paganini.
- Matilde - Ma' (2013-), banda mexicana.
Localidades
[editar | editar a fonte]- Matilde, localidade no departamento Las Colonias, provincia de Santa Fe, Arxentina;
- Plaza Matilde, localidade no departamento Las Colonias, da provincia de Santa Fe, Arxentina.
Obxectos espaciais
[editar | editar a fonte]- (253) Matilde, asteroide localizado entre as órbitas de Marte e Xúpiter.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Nome Matilde na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Matilda na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ "Social Security Administration". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2018. Consultado o 02 de setembro de 2015.