Matisyahu
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Matthew Paul Miller 30 de xuño de 1979 (45 anos) West Chester, Estados Unidos de América (pt) |
Outros nomes | Matisyahu |
Educación | Hadar Hatorah (en) White Plains High School (en) The New School (pt) Eugene Lang College of Liberal Arts (en) |
Actividade | |
Ocupación | músico, actor, rapeiro, cantante, cantautor |
Período de actividade | 2001 - |
Xénero artístico | Reggae e rock alternativo |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Epic Records |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | matisyahuworld.com |
Matthew Paul Miller, nado en West Chester (Pensilvania) o 30 de xuño de 1979, é un músico americano, máis coñecido polo seu nome hebreo e tamén artístico Matisyahu. Ten aparecido na radio, na televisión e no cine, sendo destacable a súa actuación no filme The Possession.
Coñecido por mesturar temas xudeus con reggae, rock e sons de hip hop e beatboxing, sacou o seu primeiro sinxelo no 2005, chamado "King Without a Crown", que estivo no Top 40 nos Estados Unidos.[1] Dende o 2004, lanzou tres álbums de estudio, dous álbums ó vivo, dous CDs de remix e dous DVD das súas actuacións en concertos. Ó longo da súa carreira, Matisyahu traballou con Bill Laswell e cos produtores de reggae Sly & Robbie.
Membros do seu grupo
[editar | editar a fonte]- Matisyahu (Matthew Paul Miller): voz, beatbox
- Aaron Dugan: guitarra eléctrica.
- Jonah David – Batería
- Josh Werner – Baixo, Teclados
Novos Integrantes:
- Joe Tomino - Batería
- Stu Brooks - Baixo
- D.P. Holmes - Guitarra
Discografía
[editar | editar a fonte]- Shake off the dust... arise (JDub Records, 2004)
- Live at Stubb’s (JDub Records e Epic Records, 2005)
- Youth (JDub Records e Epic Records, 2006)
- Youth dub (Sony, 2006)
- No place to be (Epic Records, 2006)
- Shattered EP (Epic Records, 2008)
- Light (Epic Records, 2009)
- Miracle EP (Epic Records, 2011)
- Spark seeker (2012)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Matisyahu". Billboard.com. Consultado o 2010-02-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)