Maurizio Micheli
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1947 ![]() Livorno, Italia ![]() |
Altura | 1,74 m ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de televisión, guionista, actor de cinema, actor de teatro, humorista ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Benedicta Boccoli ![]() |
Premios | |
| |
Sitio web | mauriziomicheli.it ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Maurizio Micheli, nado en Livorno, na Toscana, o 3 de febreiro de 1947, é un actor e director italiano de cinema e teatro.
Micheli formouse na escola do Piccolo Teatro de Milán e posteriormente graduouse na D.A.M.S. da Universidade de Boloña con Luigi Squarzina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Maurizio Micheli naceu en Livorno en 1947 e criouse en Bari.[1] Comezou a súa carreira nos anos 70 como actor dramático en pequenos teatros milaneses e escribindo e dirixindo unha serie de espectáculos de cabaret.
Micheli publicou a súa autobiografía en 1996 baixo o título Sciambagne!, título extraído dunha escena da película Rimini Rimini. No 2002 publicou a novela Garibaldi amore mio coas edicións de Baldini Castoldi Calai.[2]
Podemos mencionar, entre outros, L'opera dello sghignazzo de Dario Fo, Buonanotte Bettina con Benedicta Boccoli, Un paio d'Ali de Garinei & Giovannini, La presidentessa con Sabrina Ferilli, Il letto ovale con Barbara D'Urso e Italiani si nasce con Tullio Solenghi.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cinema
[editar | editar a fonte]- Allegro Non Troppo (1976)
- Café Express (1980)
- Mani di fata (1982)
- Heads I Win, Tails You Lose (1982)
- I Am an ESP (1985)
- Il commissario Lo Gatto (1987)
- Roba da ricchi (1987)
- Rimini Rimini (1987)
- Rimini Rimini - Un anno dopo (1988)
- Cucciolo (1998)
- Commediasexi (2006)
- Valzer (2007)
- The Cézanne Affair (2009)
- Pinocchio (2012)
- Women Drive Me Crazy (2013)
- Quo vado? (2016)
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Orde ao Mérito da República Italiana - Oficial: — Roma, 27 de decembro de 1999[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Selvaggi, Alberto (6 de xullo de 2020). "«Io, il miglior barese di Livorno»: parla Maurizio Micheli". lagazzettadelmezzogiorno.it (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2020. Consultado o 23 de outubro de 2020.
- ↑ Redacción (xaneiro 2020). "Maurizio Micheli, attore, comico e commediografo italiano, oggi 73enne, di grande formazione teatrale, protagonista di molti film commedia". telecaprinews.it (en italiano). Consultado o 23 de outubro de 2020.
- ↑ "Micheli Sig. Maurizio". quirinale.it (en italiano). 27 de decembro de 1999. Consultado o 23 de outubro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Maurizio Micheli na IMDb (en inglés).