Max Matsuura
Nome orixinal | (ja) 松浦 勝人 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de outubro de 1964 (60 anos) Iocoama, Xapón |
Educación | Universidade Nihon (pt) |
Actividade | |
Ocupación | produtor musical |
Período de actividade | 1988 - |
Xénero artístico | J-Pop |
Selo discográfico | Avex (pt) |
Premios | |
Sitio web | max.syncl.jp |
Masato Matsuura (松浦 真在人 Matsuura Masato?), nado o 1 de outubro de 1964 na prefectura de Kanagawa (Xapón), máis coñecido como Max Matsuura, é un produtor musical xaponés e tamén un dos donos dun dos selos discográficos máis poderosos de Asia, Avex Trax. Masato é coñecido principalmente por descubrir novos artistas nos bares de karaoke para convertelos en grandes estrelas, case sempre conseguíndoo. Foi o que descubriu a Ayumi Hamasaki, da que agora é o seu grande amigo, e tamén por revivir a carreira de Ami Suzuki tras abandonar o seu anterior selo discográfico.
Matsuura foi obxecto dunha grande controversia cando considerou deixar Avex Music Group xunto cun dos seus fundadores, Tom Yoda. Moitos artistas, incluíndo Hamasaki, afirmaron que deixarían o selo acompañando a Matsuura se el se ía do mesmo. Debido a isto, as accións da discográfica desplomáronse. A situación rematou cando Yoda reasinou con Avex Trax.