Mbombela
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Suráfrica | |||
Provincia | Mpumalanga | |||
Distrito municipal | Ehlanzeni District Municipality (en) ![]() | |||
Concello local | Mbombela Local Municipality (en) ![]() ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 58.670 (2011) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 72,63 km² ![]() | |||
Altitude | 619 m ![]() | |||
Creación | 1905 ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 1201 e 1200 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 013 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | mbombela.gov.za ![]() |

Mbombela[1] (oficialmente Nelspruit ata 2009) é unha cidade de 221.474 habitantes (2000) situada no nordeste de Suráfrica. É a capital da Provincia de Mpumalanga (antigamente Transvaal oriental). Situada sobre o Río Crocodilo (chamada Krokodil en afrikaans), Nelspruit atópase a uns 100 quilómetros (60 millas) ao oeste do límite Mozambique e a 330 quilómetros (205 millas) ao leste de Johannesburgo. A cidade máis próxima é KaNyamazane, uns poucos quilómetros ao leste de Nelspruit.
Datos
[editar | editar a fonte]Nelspruit foi fundada en 1905 por tres irmáns da familia Nel que pastaban ao seu gañado ao redor do sitio de Nelspruit durante os meses de inverno. É o centro manufactureiro e agrícola do nordés de Suráfrica . As industrias principais inclúen o enlatado de cítricos, produción de papel, fabricación de mobiliario e madeireira. Os seus fértiles chans e clima subtropical proporcionan condicións perfectas para o crecemento de froitas cítricas e tropicais, principalmente manga, plátano, palta ou aguacate e tamén moitas variedades de noces. Hai moitas granxas de laranxa na área ao redor de Nelspruit.
A cidade ten un aeroporto, o Aeroporto Internacional Kruger Mpumalanga, que é usado principalmente para voos de e a Johannesburgo, pero que tamén ten voos frecuentes a Cidade do Cabo e outras cidades. É tamén de sede do Instituto de Investigación do Goberno para Froitas Cítricas e Subtropicais, e os Xardíns Botánicos Lowveld. Nelspruit é unha escala importante para os turistas que se dirixen ao Parque Nacional Kruger e a Mozambique. O turismo de Mozambique tamén estimula considerablemente a economía da cidade . Durante a Guerra dos Bóers, Nelspruit serviu brevemente como sede de goberno da República de Suráfrica, un estado Afrikaner independente. Nelspruit planeou un novo estadio de fútbol para a Copa Mundial de Fútbol de 2010. O seu nome é o Estadio Mbombela e terá unha capacidade de 40.000. En Nelspruit atópase o casino Emnotweni situado no camiño a Whiteriver.