Saltar ao contido

Meg Christian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMeg Christian

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor en Wikidata (77/78 anos)
Lynchburg, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Carolina do Norte en Chapel Hill Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1969 Editar o valor en Wikidata -
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata

Musicbrainz: d5fdeaf5-5232-481f-aab7-5bed9f620642 Discogs: 902625 Allmusic: mn0000868861 Editar o valor en Wikidata

Meg Christian, nada en 1946 en Lynchburg, Virxinia, é unha cantante de folk estadounidense, relacionada co movemento musical "women's music" (música para mulleres).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Graduouse na Universidade de Carolina do Norte e trasladouse a Washington, D.C. en 1969, onde empezou a cantar en clubs nocturnos e a compor cancións dende unha perspectiva feminista. Na década de 1970, Christian, quen se declarou abertamente gai, uniuse ao grupo de feminismo separatista e nalgunhas ocasións aceptou soamente a mulleres nos seus recitais.[1] Foi unha das fundadoras da discográfica Olivia Records, e produciu o seu primeiro álbum baixo este selo. Deixou de dar recitais en 1984, e dedicouse ó estudo do misticismo oriental; como resultado desas exploracións gravou os álbums The Fire of My Love e Songs of Ecstasy.[2] Cambiou o seu primeiro nome a Shambhavi durante o tempo que viviu nun mosteiro en Nova York.

En 2002, Christian retomou a súa asociación con Olivia Records e empezou a cantar nalgúns eventos; a súa primeira aparición ó vivo dende 1984 foi nun cruceiro, organizado pola mesma discográfica.

  1. Rapp, Linda. glbtq.com, ed. "Christian, Meg". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2007. Consultado o 23 de setembro de 2007. 
  2. Biography, Allmusic.com