Megan Prescott
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2013.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xuño de 1991 (33 anos) Palmers Green, Reino Unido |
Educación | Palmers Green High School (en) Academia Ashmole |
Actividade | |
Ocupación | actriz de televisión, actriz, actriz de cinema |
Período de actividade | 2008 - |
|
Megan Elizabeth "Meg" Prescott (nada o 4 de xuño de 1991 en Londres, Inglaterra) é unha actriz británica, coñecida polo seu papel de Katie Fitch en Skins, un drama adolescente gañador de dous premios BAFTA.
Vida Persoal
[editar | editar a fonte]Prescott naceu en Palmers Green, Londres, seis segundos despois que a súa irmá xemelga Kathryn Prescott, quen tamén é actriz. Recibiu a educación primaria en Palmers Green High School, parte de secundaria na Escola Superior de San Xoán, e finalmente o último ano en Form College. Antes de ser actrices profesionais, Prescott e súa irmá asistiron a clases semanais de teatro, nas cales coñeceron á futura co-estrela de Megan, Lily Loveless.
Megan afirmou a través da súa páxina de Myspace que toca a batería; ten unha gran variedade de gustos musicais, que inclúen a Cyndi Lauper, Kim Carnes ou Weezer.
Está representada por Matt Wynter, de Insanity Xestión de Artistas en Reino Unido.
Carreira
[editar | editar a fonte]Aínda que Prescott fixo o seu debut como actriz nun episodio de Doctors, unha telenovela da BBC xunto a súa irmá Kathryn en 2008, non foi ata o ano seguinte, cando apareceu como Katie Fitch na terceira temporada de Skins, o cal representou para ela un gran avance na interpretación. Ela e súa irmá, quen interpretan a Katie e Emily Fitch, xemelgas idénticas na serie, comezaron o rodaxe da terceira temporada de Skins en xullo de 2008 e tamén representaron aos seus personaxes na temporada seguinte (o formato do programa está limitado a só dúas tempadas por "xeración" de novos personaxes).
Tras rematar coa serie Skins, Prescott expresou a súa preocupación polo seu futuro na actuación, a pesar do que expresou o seu interese en protagonizar Desperate Housewives, serie da cal é seguidora.