Saltar ao contido

Cyndi Lauper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCyndi Lauper

(2022) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Cynthia Lauper
(en) Cyndi Lauper Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Cynthia Ann Stephanie Lauper Editar o valor en Wikidata
22 de xuño de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónJohnson State College (en) Traducir
Richmond Hill High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz de televisión, actriz de teatro, actriz de dobraxe, artista discográfico, manager (luta profissional) (pt) Traducir, compositora, cantante, cantautora, actriz de cinema, directora de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorIHOP (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica rock, new wave, pop rock, dance rock, adult contemporary, pop dance, Blues e Música country Editar o valor en Wikidata
ProfesoresDavid Schnaufer (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra acústica, Salterio dos Apalaches e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEpic Records
Portrait
Downtown Records (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeDavid Thornton (1991–) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webcyndilauper.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0490980 Allocine: 32866 Rottentomatoes: celebrity/cyndi_lauper Allmovie: p98866 TCM: 109411 Metacritic: person/cyndi-lauper TV.com: people/cyndi-lauper IBDB: 391830
Facebook: cyndilauper Twitter: cyndilauper Instagram: cyndilauper MySpace: cyndilauper Youtube: UC8vzbjthwDMK8dAHEte6eMQ TikTok: cyndilauper BNE: XX979323 Souncloud: cyndi-lauper-official Spotify: 2BTZIqw0ntH9MvilQ3ewNY iTunes: 59291142 Last fm: Cyndi+Lauper Musicbrainz: 7bd9e20e-74b9-446a-a2ed-a223f82a36e7 Songkick: 362622 Discogs: 29718 Allmusic: mn0000122754 WikiTree: Lauper-2 Deezer: 2025 Genius: Cyndi-lauper Editar o valor en Wikidata

Cynthia Ann Stephanie Lauper, coñecida como Cyndi Lauper, nada en Brooklyn (Nova York) o 22 de xuño de 1953, é unha cantante, actriz, compositora e produtora estadounidense moi popular na década dos 80. Vendeu máis de 60 millóns de copias dos seus álbums en todo o mundo e foi a primeira cantante feminina en colocar 4 singles dun mesmo traballo no top 5 do Billboard americano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira artística coma cantante de diversas bandas pero posteriormente decidiu emprender unha carreira en solitario. Así, en 1983 lanzou o seu primeiro álbum titulado She's So Unusual, do que vendeu só nos Estados Unidos máis de 4,5 millóns de copias conseguindo asemade colocar catro dos temas deste traballo no top 5 do Billboard americano: Girls Just Want to Have Fun, Time After Time, She Bop e All Through The Night. Nesta mesma época foi contratada para interpretar o tema principal da película The Goonies (1985), producida por Steven Spielberg.

En 1986 publicou o seu segundo traballo, True Colors, co que obtivo un nomeamento aos Grammy polo tema que dá nome ao disco. O seu terceiro álbum, A Night To Remember (1989), incluía o tema I Drove All Night, polo que acadou outro nomeamento aos premios Grammy dese ano, e que posteriormente sería versionado por Roy Orbison e Céline Dion

En 1990 participou no concerto The Wall in Berlin, celebrado a raíz da caída do muro. Tamén tomou parte nunha homenaxe realizada a John Lennon en Londres por petición da súa viúva, Yoko Ono. No ano 1993 publica o álbum Hat Full of Stars, que sería o máis aclamado pola crítica. En 1994, edita un recompilatorio de éxitos, "Twelve deadly cyns... and then some", no que o tema Hey now é unha versión reggae do seu éxito Girls just wanna have fun.

Posteriormente editaría outros traballos coma Sisters of Avalon (1996), composto integramente por ela; Merry Christmas... have a nive life (1997), un traballo natalicio con cancións tradicionais e temas novos; Shine (2001), que só se editou no Xapón; At last (2004), unha homenaxe aos grandes da música americana; The Body Acoustic (2005), no que reinventa os seus temas máis coñecidos xunto a outros artistas; e Bring Ya To The Brink (2008), con doce temas de baile inéditos, Memphis Blues(2010) con música do xénero blues.

Traballos

[editar | editar a fonte]

Discografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]