Saltar ao contido

Meiko Kaji

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMeiko Kaji
Nome orixinal(ja) 梶芽衣子 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ja) 太田雅子 Editar o valor en Wikidata
24 de marzo de 1947 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Chiyoda, Xapón Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, cantante, música Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor en Wikidata -
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoTeichiku Entertainment, Inc. (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0435299 Allocine: 30426 Rottentomatoes: celebrity/meiko_kaji Allmovie: p294958
Musicbrainz: fb5280b5-9e0c-439d-b275-2d8b5bffc19a Songkick: 2171492 Discogs: 266137 Allmusic: mn0000869021 Editar o valor en Wikidata

Masako Ohta, nada en Chiyoda, Toquio, o 24 de marzo de 1947, é unha actriz e cantante xaponesa coñecida como Meiko Kaji (en xaponés: 梶 芽 衣 子, Kaji Meiko). Apareceu en preto de cen filmes,[1] sendo os seus papeis máis célebres os de personaxes fóra da lei en filmes de principios da década de 1970, como unha das rebeldes da serie Onna banchō nora-neko rokku ou as asasinas de Shurayuki-hime e Joshū Nana-maru-ichi Gō / Sasori.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Meiko Kaji naceu na área de Kanda, en Toquio, e formouse no instituto Yakumo en Meguro. Comezou a traballar na industria cinematográfica co seu nome real, Masako Ota, no estudo Nikkatsu en 1965 despois de graduarse no instituto.[2] En 1969 apareceu en Nihon Zankyoden, unha das series de filmes dirixidos por Masahiro Makino, que recoñeceu a súa capacidade interpretativa e lle deu o seu nome artístico de Meiko Kaji.[3] De 1970 a 1971 apareceu na serie de filmes sobre mozos delincuentes Noraneko Rokku.

En 1971, Nikkatsu pasouse ao pinku eiga e, para evitalo, Kaji cambiouse á Toei Company.[2] Alí realizou a serie de filmes Joshū Nana-maru-ichi Gō / Sasori. En 1973 asumiu o papel de Yuki no filme de vinganzas Shurayuki-hime, á que seguiu unha secuela, Shurayukihime - Urami renka. Continuou a súa carreira aparecendo en varios filmes de Kinji Fukasaku, como Yakuza no Hakaba: Kuchinashi no Hana (1976). En 1978, protagonizou Sonezaki Shinjū, polo que recibiu varios premios de interpretación.[4]

Kaji traballou na televisión desde os anos oitenta. En 1989 interpretou a Omasa, unha informante, no drama televisivo Onihei Hankachō (versión de ShochikuFuji Television protagonizada polo actor kabuki Nakamura Kichiemon II).

Kaji tamén foi cantante. Interpretou a canción de Shurayuki-hime, "Shura no Hana" (修羅 の 花), e o tema da serie Joshū Nana-maru-ichi Gō, "Urami Bushi" (怨 み 節). Cando estas dúas cancións foron empregadas no filme de Quentin Tarantino, Kill Bill, en 2003,[2] houbo un renacemento do interese pola música de Kaji que a animou a retomar a súa carreira musical.[5] En 2009 lanzou un sinxelo, "Onna wa yametai". En 2011, Kaji lanzou o seu primeiro disco novo en 31 anos, Aitsu no suki-so-na burūsu (あ い つ の 好 き そ な ブ ル ー ス)[6] con cancións escritas por Ryudo Uzaki e Yoko Aki.

Kaji recibiu ofertas para actuar en Hollywood, mais rexeitounas a todas, dicindo que non podía realizar unha boa interpretación nun idioma diferente ao xaponés.[7]

En maio de 2020, Kaji lanzou a súa propia canle en YouTube, como un xeito de celebrar o seu traballo con fans de todo o mundo e como un xeito de devolver todo o apoio que recibiu.

  1. "Profile at Ameba.Jp". 梶芽衣子プロフィール. ameba.jp. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2021. Consultado o 9 de febreiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 D., Chris (2005). "Meiko Kaji". Outlaw Masters of Japanese Film. Londres, Nova York: I.B. Tauris. p. 59. ISBN 1-84511-086-2. 
  3. Isoda, Tsutomu (31 de agosto de 2008). Nihon Eiga Meisaku Kanzen Gaido: Shōwa No Autorō Hen Besuto 400 1960–1980 [Complete Guide to Classic Japanese Films: 400 Best Outlaw Films of the Showa Era 1960–1980] (en xaponés). p. 71. ISBN 978-4-401-75122-8. 
  4. "Sonezaki Shinju (1978) Awards". IMDb. Consultado o 19 de decembro de 2008. 
  5. Shiina, Muneyuki (1 de xuño de 2011). "Kaji Meiko Interview at Rooftop magazine" (en xaponés). Consultado o 16 de febreiro de 2012. 
  6. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 3 de xuño de 2011. Consultado o 3 de xuño de 2011. 
  7. Shinsuke Kasai (entrevistador), Meiko Kaji (entrevistada) (2012). Nihon Eiga Retorosupekutibu. Nihon Eiga Senmon Channeru. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]