Melech Mechaya
Melech Mechaya | |
---|---|
Orixe | Lisboa/Almada, |
Período | 2007 - actualidade |
Xénero(s) | World music, Étnica |
Membros | João Graça Miguel Veríssimo André Santos João Sovina Francisco Caiado |
Na rede | |
Melech Mechaya é un quinteto portugués de música klezmer, con inspiracións nas músicas romaní, árabe e dos Balcáns.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estrea
[editar | editar a fonte]Con estrea en escenarios na noite do 10 de marzo de 2007, os Melech Mechaya son unha banda portuguesa de música klezmer, sendo xeralmente referenciados como sendo a primeira banda deste xénero en Portugal. Notabilizándose polos seus concertos festivos e interactivos, a banda toca de norte a sur do país pronto o ano de estrea, actuando en eventos como a Festa do Avante! [1] no Seixal e no Festival de Músicas do Mundo Etnias [2] no Porto, e asina contrato de axenciamento e management coa Smog [3].
Primeiro álbum
[editar | editar a fonte]En 2008 os Melech Mechaya van para o estudio gravar o seu primeiro rexistro fonográfico, o EP homónimo lanzado o día 5 de xuño [4] no Cabaret Maxime en Lisboa, e a súa digressão de máis de 30 concertos pasa polo Festival de Músicas do Mundo "Ritmus" [5] en Ponta Delgada e por 3 festivais en España - Allariz, Santiago de Compostela e no Festival de Músicas do Mundo de Vilagarcia de Arousa [6].
Budja Ba
[editar | editar a fonte]En 2009 volven a estudio para gravar o seu primeiro longa-duración, "Budja Ba", e asinan contrato de edición discográfica coa Ovação. O disco é lanzado o día 13 de xuño [7] no Teatro A Comuna e a banda recibe algunha atención dos medios, con diversos artigos e en entrevistas en radios, prensa e televisión. A digresion leva as festas mechaya a importantes escenarios como o Festival de Músicas do Mundo de Sines [8], e o festival Špancirfest na Croacia [9].
As festas de Melech Mechaya nestes 3 anos, cerca de 100 en total en Portugal, España e Croacia, tiveron aínda lugar nos máis diversos teatros e auditorios (Guimarães, Gouveia, Garda, Vila Real, Alcochete, Portalegre, Almada, Palmela, Estarreja, Rio Maior, Aveiro, São João da Madeira, Sines, Aula Magna en Lisboa etc.), prazas ao ar libre e festas populares (Tavira, Moita, Alhos Vedros, Lavradio, Almada, Leiria, Ponta Delgada, Nelas, Carrazeda de Ansiães, Torres Novas, Foz Côa, Arruda dos Vinhos, Caldas da Rainha, Lourinhã, Almeida etc.) e varios festivais (Andanças, Traçadinho, Granitos Folk, Festa do Cinema Francês, Festival Todos, Feira do Artesanato, Chaira Mediterrânica, Feira da Luz etc.).
Formación
[editar | editar a fonte]- João Graça (Violino)
- Miguel Veríssimo (Clarinete)
- André Santos (Guitarra Clásica, Concertina)
- João Sovina (Contra-baixo, Voz)
- Francisco Caiado (Percusión)
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de Estudio
[editar | editar a fonte]- Melech Mechaya (2008) (CD, edición de autor)
- Budja Ba (2009) (CD, Ovação)
Compilacións
[editar | editar a fonte]- Festival de Músicas do Mundo de Sines (2009) co tema "Danza Do Desprazer"
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- ↑ Festa do Avante! 2007[Ligazón morta]
- ↑ Festival Etnias 2007[Ligazón morta]
- ↑ SMOG asina contrato de agenciamento e management cos Melech Mechaya[Ligazón morta]
- ↑ Melech Mechaya editan este mes EP de cinco temas[Ligazón morta]
- ↑ Seis bandas de "world music" no Festival Ritmus en Ponta Delgada[Ligazón morta]
- ↑ Concerto de Melech Mechaya[Ligazón morta]
- ↑ Melech Mechaya, portugueses que se inspiran no klezmer, editan álbum de estrea [1][Ligazón morta]
- ↑ Festa portuguesa con sabor klezmer[Ligazón morta]
- ↑ "Klezmer party na Špancirfestu". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2009. Consultado o 01 de decembro de 2010.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina Oficial no MySpace
- Páxina Oficial no YouTube
- RTP2[Ligazón morta] - "Nós" con Maria João Miranda
- Público - "Klezmer para non xudeus" por João Bonifácio
- Diario de Coímbra - "Alegría, boa disposición e moi suor!" por Joana Martins
- Equipo Out - "Melech Mechaya" por Rodrigo Nogueira
- Antena 3 - Planeta 3 con Raquel Bulha
- Folklândia[Ligazón morta] (a partir dos 27:00) - con João Sá
- Dança do Desprazer
- Bulgar from Odessa