Melisa (ninfa)
Na mitoloxía grega, Melisa foi unha das fillas de Meliseo, rei de Creta.
Coa súa irmá Amaltea encargouse de agochar e coidar a Zeus meniño, pois a súa nai, Rea, deixouno ó seu coidado para evitar que Cronos o devorase, como xa fixera cos fillos que tivera anteriormente. A tal fin, gardaron ó meniño nunha cova do monte Ida (na illa de Creta) e alimentárono con mel (un epíteto de Melisa é a abella) e o leite de Amaltea, representada como unha cabra [1].
Pero Pseudo-Apolodoro narra este mito doutro xeito e non menciona a existencia de Melisa. Rea dá a luz na cova de Dicte [2] e confía a Zeus ás ninfas Adrastea e Ida, que o crían co leite de Amaltea (Biblioteca mitolóxica I, 1, 6). Hesíodo non recolle o mito.
Posteriormente, Meliseo converteu á súa filla Melisa na primeira sacerdotisa de Rea.
Iconografía
[editar | editar a fonte]Melisa non se representou na arte, sendo eclipsada pola súa irmá Amaltea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O nome de Amaltea designa, ben unha ninfa, ben unha cabra. Da pel desta cabra fíxose Zeus a "éxida", o escudo co que se protexía nas contendas nas que participaba
- ↑ Os mitógrafos discrepan sobre o lugar exacto do nacemento de Zeus, que puido ser no monte Exeo (Hesíodo: Teogonía 485), no monte Ida (Calímaco e Ovidio) ou en Dicte, como din Pseudo-Apolodoro e Diodoro (Julia García Moreno en nota á Biblioteca mitolóxica, px. 45).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
- PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].