Saltar ao contido

Rea (deusa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRea

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Ῥέα Editar o valor en Wikidata
Biografía
CelebraciónRelixión da Grecia antiga Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCronos Editar o valor en Wikidata
FillosZeus, Hades, Hestia, Ares Enyalius, Poseidón, Hera, Deméter, Ceres Editar o valor en Wikidata
PaisUrano Editar o valor en Wikidata  e Xea Editar o valor en Wikidata
IrmánsCronos
Xapeto (mitoloxía)
Hiperión
Temis
Tía
Océano
Tetis Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata

Na mitoloxía grega, Rea foi unha titánide, filla de Urano e de Xea, e esposa de Cronos. Con este foi nai de seis fillos: Hestia, Deméter, Hera, Hades, Poseidón e Zeus.

Na mitoloxía romana, Rea foi asimilada a Cibeles, a nai de tódolos deuses.

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]

Cronos, o seu esposo, coñecía unha profecía de Urano e Xea, segundo a cal un dos seus fillos terminaría destronándoo. Para evitalo, cada vez Rea paría un fillo, Cronos devorábao. Rea, desesperada e desexando salvar un fillo, pediulle consello a Xea cando quedou embarazada do sexto, e xuntas urdiron un plan para salvar a vida de quen sería Zeus. Cando estaba a piques de parir, escondeuse na cova de Dicte ou no monte Ida, na illa de Creta, onde tivo o meniño e, ó día seguinte, foi onda Cronos e entregoulle unha pedra envolta en cueiros. Cronos tragouna sen decatarse do engano e Zeus puido crecer a salvo en Creta.

"Pero cando ía dar a luz a Zeus, padre de deuses e hombres, suplicou ós seus pais, os dela, a Xea e ó estrelado Urano, que a axudaran no seu plan, para que sen que se dera de conta, parira o seu fillo ... Eles escoitaron atentamente e obedeceron á súa filla, á vez que lle contaron canto estaba marcado polo destino que sucedera respecto ó rei Crono e ó seu valoroso fillo, e enviárona a Licto, un rico pobo de Creta, cando ía dar a luz ó último dos seus fillos, o gran Zeus. A este recolleuno a monstruosa Xea para alimentalo e coidalo na ampla Creta. ... E envolvendo en cueiros unha gran pedra, púxoa nas mans do gran soberano Uránida, rei dos primeiros deuses. Aquel, entón, colléndoa coas súas mans púxoa no seu ventre, ¡desgraciado!".
(Hesíodo: Teogonía 469-488)

Segundo Hixino, Zeus si que detectou o cambio, polo que comezou a perseguir ó fillo por toda a terra. Sería entón cando a nai o levou a Creta e as ninfas colgaron o berce dunha árbore para escapar da vixilancia de Cronos. Logo "para que non poideran escoitarse os choros do meniño, reuniu a uns rapaces, deulles unhas lanzas e uns escudos de bronce e ordenoulles dar voltas á árbore facendo ruído" (Fábulas 139).

Rea observa ós Curetes danzando e a Amaltea aleitando a Zeus (gravado de 1811, segundo un baixorrelevo romano)

Rea deixou o meniño Zeus ó coidado ós Curetes (nove divindades fillos de Soco e Combe) e ás ninfas Melisa (que o alimentaba con mel) e Amaltea (representada como a cabra que daba o leite necesario para criar a Zeus meniño. Para protexer a Zeus e que os espías de Cronos (os corvos) non o descubrisen, o berce do meniño estaba colgado do teito, de forma que non formaba parte do ceo nin da terra, e os Curetes cantaban e bailaban golpeando os seus escudos e armas para disimular os prantos de Zeus [1].

Foi Rea a que purificou a Dioniso:

"Dioniso foi o descubridor da vide e, provocándolle Hera a loucura, andou vagando por Exipto e Siria... Máis tarde chega a Cíbela, en Frixia, e alí, tras ser purificado por Rea e aprender os ritos de iniciación, recibiu dela a túnica ...".
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica III, 5, 1)

Iconografía

[editar | editar a fonte]

En Grecia, Rea se representou pouco e sen atributos, como figura secundaria, case sempre no episodio da entrega da pedra a Cronos. Relixiosa e iconograficamente foi asimilada a outras deusas, como Xea, Hera ou Deméter, pero especialmente a Cibeles (cuxo culto procedente de Frixia se introduciu en Grecia xa na Época Arcaica). Esta imaxe da deusa cos leóns foi a dominante nas épocas culturais posteriores (Renacemento e Barroco).

No altar de Pérgamo (c. 180 a.C.), Rea aparece cabalgando sobre un león, loitando contra os Xigantes. Na mitoloxía romana os seus animais simbólicos son o cisne, por ser un animal delicado, e os dous leóns, que tiraban da súa carruaxe. Así é como se representou na Fonte de Cibeles, unha das esculturas máis características de Madrid: a deusa Cibeles, nai dos deuses e símbolo da terra e da fecundidade, aparece sentada sobre un carro tirado por dous leóns, Atalanta e Hipomenes.

  1. Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 1, 6-7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017.
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto].
  • Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA.
  • Hixino: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.
  • PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].