Saltar ao contido

Temis (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTemis

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Θέμις Editar o valor en Wikidata
Biografía
CelebraciónMitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Patrón deXustiza e xustiza Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeZeus Editar o valor en Wikidata
FillosHoras, Têmides, Átropos, Láquesis, Cloto, Disis, Thallo, Auxo, Arctus, Carpo, Astreia, Dice, Prometeo, Epimeteo, Eunômia, Hespérides, Adrasteia, Menecio, Irene, Acme Editar o valor en Wikidata
PaisUrano Editar o valor en Wikidata  e Xea Editar o valor en Wikidata
IrmánsRea
Xapeto (mitoloxía)
Cronos
Hiperión
Tía
Océano
Tetis Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteReal'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Grande Enciclopedia Yuzhakov
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Na mitoloxía grega, Temis (en grego antigo Θέμις Themis, que significa 'lei da natureza’ [1]), representa a Xustiza e a equidade; na mitoloxía romana denomínase Iustitia. Era unha das Titánides, filla de Urano (o Ceo) e Xea (a Terra).

Foi a segunda esposa de Zeus, despois de Metis, do que procreou as Horas, as Moiras (Cloto, Láquesis e Átropos), a virxe Astrea (que personificará a Xustiza) e as Ninfas do Erídano (que axudaron a Heracles a chegar ó país das Hespérides).

"En segundo lugar, [Zeus] casou coa brillante Temis que procreou as Horas, Eunomía, Dike e a florecente Eirene, que protexen os traballos dos homes mortais; e as Moiras, ás que grandísima honra outorgou o prudente Zeus, Cloto, Láquesis e Átropo, que conceden ós homes mortais obter o bo e o malo ."
(Hesíodo: Teogonía 902-906)

Esquilo é a única fonte que recolle a tradición de facela nai de Prometeo.

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]
Estatua de Temis atopada en Ramnunte (c. 300 a. C., Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas)

Crese que Temis, como personificación da Lei Natural e da Xustiza, aconsellou a Zeus protexerse coa pel da cabra Amaltea na loita contra os Xigantes. Tamén se di que foi ela a que incitou á Guerra de Troia, como solución para paliar a superpoboación da Terra.

Como esposa de Zeus e pola axuda prestada ós deuses ó inventar os oráculos e as leis, vive no Olimpo e está asociada ós Deuses olímpicos. Tamén foi quen ensinou a Apolo a facer augurios, pois ela era quen ostentaba o Oráculo de Delfos -herdado de Xea- antes de cederllo a Febe. Foi ela quen predixo a Atlas que o fillo de Zeus lle roubaría as mazás de ouro das Hespérides. Foi consultada en Delfos por Deucalión e Pirra.

Iconografía

[editar | editar a fonte]

Temis recibiu culto en Grecia: en Ramnunte, na costa da Ática, hai un pequeno templo, de principios do século V a. C., onde se adoraba a Temis e a Némese [2]. A estatua de Temis foi obra do escultor Queréstrato.

Adoita representarse coa balanza e a espada, e, na maioría das ocasións, cos ollos vendados, imaxe que hoxe segue simbolizando a xustiza.

  1. A lei eterna que rixe a marcha da natureza.
  2. Deusa que castigaba toda conduta desordenada dos homes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017.
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]
  • Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA