Saltar ao contido

Deméter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Véxase tamén: Demeter (satélite).
Deméter

Tipodivindade grega, deidade da agricultura, deusa, personaxe da mitoloxía grega e deus olímpico Editar o valor en Wikidata
Venerado porrelixión da Grecia Antiga e mitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Patrón desolo, fertilidade e agricultura Editar o valor en Wikidata
Parte deDeuses olímpicos Editar o valor en Wikidata
Obra
Biografía
Sexomuller Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoGrecia Antiga Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiRea Editar o valor en Wikidata
PaiCronos Editar o valor en Wikidata
ParellaCarmanor (en) Traducir, Zeus e Poseidón Editar o valor en Wikidata
Irmá/nHestia, Hades, Zeus, Poseidón e Hera Editar o valor en Wikidata
Fillo/aPerséfone, Pluto (pt) Traducir, Amphitheus (en) Traducir, Calligeneia (en) Traducir, Arión (cabalo), Despina (pt) Traducir, Filomelo (filho de Deméter) (pt) Traducir, Eubuleus (en) Traducir, Chrysothemis (en) Traducir, Dmia (en) Traducir e Hécate Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Wikidata ]

Deméter (en grego antigo Δημήτηρ ou Δημητρα, ‘deusa nai’) é a deusa grega da agricultura, e protectora do matrimonio e a lei sagrada. Era louvada como a «portadora das estacións» nun himno homérico, un sinal de que era adorada moito antes da chegada dos olímpicos. O himno homérico a Deméter foi datado sobre o século -VII. Xunto coa súa filla Perséfone, eran as personaxes centrais dos misterios eleusinos que tamén precederon ó panteón olímpico.

Na mitoloxía romana asociábase a Deméter con Ceres. Cando se lle deu a Deméter unha xenealoxía, díxose que era filla dos titáns irmáns Cronos e Rea (ambos fillos de Xea e Urano), e polo tanto irmá máis vella de Zeus. Con este tivo unha filla, Perséfone, raíña do inframundo.

É doado confundir a Deméter con Xea, a súa avoa, e con Rea, a súa nai, ou Cibeles. Os epítetos da deusa revelan o amplo das súas funcións na vida grega. Deméter e Core (‘a doncela’) adoitaban ser invocadas como to theo (‘as dúas deusas’), e así aparecen nas inscricións en lineal B do Pilos micénico en tempos pre-helénicos. É bastante probable que existise unha relación cos cultos a deusas da Creta minoica.