Triptólemo
Biografía | |
---|---|
Familia | |
Fillos | Crocon, Gordys, Dolichus, Deiope |
Pais | Eleusino Celeus Océano Rarus Tróquilo Disaules e Hyona Metanira Xea |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Na mitoloxía grega, Triptólemo (en grego antigo Τριπτόλεμος) era un semideus e un heroe, relacionado coa Deméter dos misterios eleusinos que perduraron no mundo grego e romano ata a era cristiá. Está considerado como fillo do rei Céleo e da raíña Metanira, pero outras fontes fano fillo de Eleusis e Deméter ou fillo de Xea e Océano (outro xeito de dicir que era o «home primordial»).[1]
Aprendeu de Deméter a arte da agricultura e á súa vez ensinóullela ós gregos. Deméter, agradecida pola hospitalidade recibida por parte dos pais de Triptólemo, deulle un carro tirado por dragóns alados e un saco de trigo, e Triptólemo, remontándose sobre os aires, sementou con el toda a terra habitada.
Pero parece que a idea non foi ben recibida en todas partes. Carnabón, rei dos xetas (unha tribo tracia que vivía onda a desembocadura do Danubio) matoulle un dos dragóns, que axiña foi substituído por outro grazas a Deméter. Na cidade de Patrás, Antias rouboulle o carro e os dragóns mentres Triptólemo durmía, pero non os puido dominar e morreu ó caer do carro.
Por veces, Triptólemo aparece como xuíz no Hades, xunto a Minos, Éaco e Radamantis.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 5, 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Triptólemo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grimal, Pierre (1981). Diccionario de mitología griega y romana. Paidós. ISBN 9788449324574. (en castelán)
- Pseudo-Apolodoro (2016). Biblioteca mitológica. Alianza Editorial. ISBN 9788491044277. (en castelán)