Memorial Cholo Armada

O Memorial Cholo Armada é unha competición de vela para embarcacións da clase internacional snipe que se disputa en Vigo, Galicia dende 2007, organizada polo Real Club Náutico de Vigo.
Historia
[editar | editar a fonte]O Real Club Náutico de Vigo celebra anualmente esta competición en homenaxe a Ángel Armada, coñecido como "Cholo Armada", destacado regatista do club, que tamén foi directivo da entidade e presidente da federación galega de vela. A súa traxectoria deportiva, con tres campionatos de España da clase snipe (1960, 1966 e 1968), un subcampionato de Europa (1960), catro copas de S.A.R. o Príncipe de Asturias (1969, 1971, 1975 e 1979), ademais de infinidade de vitorias noutras competicións, convertérono no deportista máis destacado da historia do club vigués. Despois do seu falecemento, en outubro de 2006, creouse este trofeo memorial, facendo coincidir a súa primeira edición coa celebración do VII Trofeo Luso-Galaico, en marzo de 2007.
Formato de competición
[editar | editar a fonte]Dispútase en dous días e consta de catro probas.
O trofeo para o patrón vencedor foi doado pola familia Armada, e entrégase en interinidade. Adxudicarase en propiedade a quen que o gañe en tres edicións consecutivas ou cinco alternas.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Ano | Iate | Patrón / Proeiro | Frota |
2007 | Martín Bermúdez de la Puente/ Carmen Vergara | ![]() | |
2008 | Diogo Pereira / Mafalda Barros de Pereira | ![]() | |
2009 | Faro Fino | Tiago Roquette / Joaquim Moreira | ![]() |
2010 | Vías | Jaime Miranda Osset / Pablo Ríos | ![]() |
2011 | Solventis | Manuel Bermúdez de Castro Muñoz / David González Gosende | ![]() |
2012 | Atún | Roberto Vidal / José Ramón Pardo | ![]() |
2013 | Wifi Vilanova | Bernardo Paz Docampo / Óscar Gómez Oliveira | ![]() |
2014 | Cobra Mor | Miguel Guimaraes / David Abecasis | ![]() |
2015 | Testa Matta | Juan Deben Tiscar / Gerardo Prego Menor | ![]() |
2016 | Persson | Jordi Triay / Lluis Mas | ![]() |