Saltar ao contido

Marcelino Menéndez Pelayo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Menéndez Pelayo»)
Modelo:BiografíaMarcelino Menéndez Pelayo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Marcelino Menéndez y Pelayo Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de novembro de 1856 Editar o valor en Wikidata
Santander, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de maio de 1912 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Santander, España Editar o valor en Wikidata
Vogal da Xunta para Ampliación de Estudos e Investigacións científicas
1907 –
Deputado das Cortes
Senador de España
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Valladolid
Universidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura española e historia da literatura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, profesor universitario, biógrafo, crítico literario, político, historiador, bibliotecario, historiador da literatura Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosRamón Menéndez Pidal Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiMarcelino Menéndez Pintado Editar o valor en Wikidata
IrmánsEnrique Menéndez Pelayo Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Менендес-и-Пелайо Марселино)
Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Menéndez Pelayo (Marcelino), p.274)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 38007 BNE: XX1020593 Dialnet: 1271491

Marcelino Menéndez Pelayo, nado en Santander o 3 de novembro de 1856 e finado na mesma cidade o 19 de maio de 1912, foi un escritor, político e erudito español, consagrado fundamentalmente á historia das ideas, a crítica e historia da literatura española e hispanoamericana e a filoloxía hispánica en xeral, aínda que tamén cultivou a poesía, a tradución e a filosofía, irmán do escritor Enrique Menéndez Pelayo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Marcelino Menéndez Pelayo naceu o 3 de novembro de 1856 na cidade cántabra de Santander; fillo de Marcelino Menéndez Pintado, catedrático de Matemáticas no Instituto de Santander e alcalde da cidade durante o bienio progresista, e de María Jesús Pelayo e España. Tivo tres irmáns: Enrique, Jesusa e Agustín.

Estudou o bacharelato no Instituto Cantábrico da súa cidade natal, onde destacou pola súa boa memoria. Posteriormente, completou a súa formación na Universidade de Barcelona (1871-1873) con Manuel Milà i Fontanals, na de Madrid (1873), onde unha arbitrariedade académica do catedrático Nicolás Salmerón, que fixo repetir curso aos seus alumnos sen nin sequera habelos examinado, haberíalle de enemistar a matar co krausismo postkantiano e os hegelianos en xeral, e en Valladolid (1874), onde intimou co que sería o seu gran amigo, o conservador Gumersindo Laverde, que lle apartou do seu inicial liberalismo e orientoulle cara ao partido máis conservador, o dos chamados neocatólicos. Fixo unha viaxe de estudos a bibliotecas de Portugal, Italia, Francia, Bélxica e Holanda (1876-1877) e exerceu de catedrático da Universidade de Madrid (1878) tras pasar por un tribunal no que estaba outro gran culto e crítico, Juan Valera, a cuxo faladoiro nocturno, na súa casa, acudiría posteriormente.

Foi elixido membro da Real Academia Española (1880), deputado a Cortes (1884?1892), proposto para o Premio Nobel en 1905, membro da Real Academia da Historia en 1882, co discurso La historia considerada como obra poética. Nesta institución foi bibliotecario desde 1892 e director desde 1910. Entrou na Real Academia de Ciencias Morais e Políticas en 1889 e na Real Academia de Belas Artes de San Fernando en 1892. Finalmente, entre 1898 e ata a súa morte en 1912, foi director da Biblioteca Nacional de España, sucedendo no cargo a Manuel Tamayo e Baus.

Antes de morrer volveu ao liberalismo, aínda que ancorado en puntos de vista sólidamente cristiáns, e corrixiu moitos dos seus primitivos xuízos desfavorables sobre Gaspar Núñez de Arce ou Benito Pérez Galdós, que terminou por ser o seu amigo e ao que apoiou no seu acceso á Real Academia Española da Lingua.

Morreu na súa cidade natal, a cuxo municipio legou a súa rica biblioteca particular de corenta mil volumes. O seu paisano o cardeal Ángel Herrera Oria, quen se consideraba en certa medida o seu discípulo, resumiu o seu labor: «Consagrou a súa vida á súa patria. Quixo poñer á súa patria ao servizo de Deus».

  • La novela entre los latinos (Santander, 1875). Foi a súa tese doutoral.
  • Estudios críticos sobre escritores montañeses. Telesforo Trueba y Cosío (Santander, 1876).
  • Polémicas, indicaciones y proyectos sobre la ciencia española (Madrid, 1876).
  • La ciencia española, 2ª edición refundida e aumentada (Madrid, 1887–1880).
  • Horacio en España (Madrid, 1877, 2ª ed. 1885).
  • Estudios poéticos (Madrid, 1878).
  • Odas, epístolas y tragedias (Madrid, 1906).
  • Traductores españoles de la Eneida (Madrid, 1879).
  • Traductores de las Églogas y Geórgicas de Virgilio (Madrid, 1879).
  • Historia de los heterodoxos españoles (Madrid, 1880–1882).
  • Calderón y su teatro (Madrid, 1881).
  • Dramas de Guillermo Shakespeare tradución (Barcelona, 1881).
  • Obras completas de Marco Tulio Cicerón, tradución (Madrid, 1881–1884).
  • Historia de las ideas estéticas en España (Madrid, 1883–1889).
  • Estudios de crítica literaria (Madrid, 1884).
  • Obras de Lope de Vega (1890–1902).
  • Antología de poetas líricos castellanos desde la formación del idioma hasta nuestros días (1890–1908).
  • Ensayos de crítica filosófica (Madrid, 1892).
  • Antología de poetas hispano-americanos (1893–1895).
  • Historia de la poesía hispano-americana (Madrid, 1911).
  • Bibliografía hispano-latina clásica (Madrid, 1902).
  • Orígenes de la novela (Madrid, 1905–1915).
  • El doctor D. Manuel Milá y Fontanals. Semblanza literaria (Barcelona, 1908).
  • Obras completas (iniciadas en 1911).
  • «Biblioteca de traductores españoles», en Obras completas (Madrid: CSIC, 1952–1953).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]