Mercedes Docampo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de abril de 1906 Ourense, España |
Morte | 23 de maio de 1978 (72 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | mestra, política |
Partido político | Partido Galeguista |
Mercedes Docampo de la Fuente, nada en Ourense o 7 de abril de 1906 e finada en Vigo o 23 de maio de 1978, foi unha mestra e política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Manuel do Campo López e Corona de la Fuente Iglesias. Matriculouse en 1922 na Escola Normal de Ourense, compaxinando os estudos coa colaboración na Escola Obreira da Inmaculada Concepción dirixida por Blanca Calvo.[1] En 1926 rematou brillantemente os estudos de maxisterio.[2] Comezou a exercer en 1927 no colexio Concepción Arenal cos compañeiros Ángel Martínez Doval e Eleuterio González Salgado. Solicitou entrar nas listas de interina en 1933 e obtivo praza na escola de Cerdeira (San Xoán de Río). O 16 de marzo de 1934 foi destinada a Cusanca (O Irixo) e en novembro desde ano fois traslada á escola de Soutopenedo (San Cibrao das Viñas). Nestes anos comezou a súa implicación co galeguismo sendo unha das fundadoras do Grupo Feminino do Partido Galeguista de Ourense constituído en setembro de 1933. Mercedes foi a secretaria de agrupación.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi denunciada, acusada polo párroco de Soutopenedo de ser socialista e de apoiar á Fronte Popular. Foi sancionada pola comisión depuradora do maxisterio co desterro a Manzaneda. Xubilou en 1965 e trasladouse a Vigo para vivir coa súa irmá Rosa. Finou en 1978 e foi soterrada en Tui.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cid Galante, Rosa María (2022). Mercedes e Rosa do Campo de la Fuente: Mestras e comprometidas co galeguismo. Ourense: Deputación Provincial. ISBN 978-8416643479.