Mercedes Vázquez Saavedra
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 ![]() Sarria, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | etnógrafa, profesora de educación física ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Mercedes Vázquez Saavedra, nada en Sarria en 1949, é unha escritora, fotógrafa,[1] etnógrafa e documentalista galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou estudos en Lugo e León. Traballou como profesora de educación física, e despois na Administración pública.
É unha destacada fotógrafa das mulleres da raia, ou arraianas. Son recoñecidos en Galicia, no norte de Portugal e nas provincias pegadas a Galicia de Castela e León, os seus traballos documentando e impulsando os Entroidos e a conservación das máscaras[2] propias de cada lugar.
Obra
[editar | editar a fonte]- Pobra do Brollón (Concello da Pobra do Brollón, 2000).
- Guía da Ribeira Sacra, con Carmen Vázquez Pérez-Batallón (Editorial Galaxia, 2001). ISBN 978-84-8288-451-6
- O Courel (Editorial Galaxia, 2003). ISBN 978-84-8288-634-3
- María Mariño; do mar de Noia á Serra do Courel (Consellería de Cultura, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, 2007).
- Ramón Piñeiro do val de Láncara a Compostela (Asociación Cultural Val de Láncara, 2009).
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Xuíz Honorario do Couto Mixto, no 2019.
- Arraiana Maior, no 2021.
Galería
[editar | editar a fonte]Nomeamento como Xuíz Honoraria do Couto Mixto
[editar | editar a fonte]-
Entrega do bastón e o diploma que acredita a Mercedes Vázquez Saavedra a súa condición de Xuíza Honoraria do Couto Mixto
-
Xuíces honorarios do Couto Mixto 2019
-
Ofrenda floral e de respecto a Delfín Modesto Brandón
-
Homes de Acordo e membros da Asociación de Amigos do Couto Mixto no altar da igrexa de Santiago do Mixtos
-
Xuíces honorarios do Couto Mixto 2019
-
Comitiva polas rúas de Santiago dos Mixtos dos xuíces honorarios do Couto Mixto 2019
-
Arca das tres chaves, levada para diante do altar da igrexa de Santiago do Mixtos polos Home de Acordo
-
Arca das tres chaves, levada para diante do altar da igrexa de Santiago do Mixtos polos Home de Acordo
-
Xuíces honorarios do Couto Mixto 2019
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fotografar o Entroido (I): Os retratos da emoción. Mercedes Vázquez Saavedra revela as esencias da festa tradicional nas súas imaxes". 12/2/2021. Consultado o 22/04/2023.
- ↑ "Portugal está más comprometido que España en la Conservación de las Mascaradas’". Consultado o 22/04/2023.