Arraiano Maior
O recoñecemento como Arraiano Maior e Arraiano Universal, véñense concedendo dende o ano 2009, pola Asociación Arraianos. Sendo o Arraiano Maior de carácter anual e o Arraiano Universal entrégase de xeito extraordinario.
Descrición
[editar | editar a fonte]A distinción como Arraiano Maior non ten dotación económica, e a persoa premiada recibe unha Aguillada, que simboliza a autoridade da xente da raia, e unha boina ou pano da cabeza, prendas imprescindibles da xente arraiana. A aguillada mantense no poder da persoa recoñecida durante un ano, e ao seguinte faille entrega á quen sexa recoñecido Arraiano Maior nese ano.
Arraiano Universal é o recoñecemento que se fai a persoas, xa desaparecidas, institucións, ou á simboloxía ou mesmo lugares que teñen un especial significado na cultura e o arraigo arraiano. Entregase un diploma obra de Baldo Ramos.
Historia
[editar | editar a fonte]A Asociación Arraianos decidiu, no ano 2009, conceder un recoñecemento anual ás persoas que destaquen polo seu traballo en prol da cultura arraiana compartida entre Galicia e Portugal.
O primeiro homenaxeado foi Xosé Luís Méndez Ferrín,[1][2] autor do libro Arraianos, obra de cabeceira do colectivo. Esa primeira homenaxe decorreu o 26 de xullo de 2009 en Ludeiros e na fronteira da Madalena en Lobios. Comezou coa lectura do Manifesto Arraiano,[3] no Corete do carballo do Santo na aldea da parroquia de Manín e continuou cun rota polos camiños do contrabando na serra de Santa Eufemia ata a fronteira da Madalena, aproveitando a celebración anual transfronteiriza da virxe da Madalena, que se mantén dende tempo inmemorial. a seguir, houbo unha comida fraternal e discurso do homenaxeado na carballeira da Madalena rematando cunha plantación dunha árbore na área de recreo e descanso ao pé da fronteira.
Méndez Ferrín entregoulle a Aguillada ao Padre Fontes,[4] nesta ocasión noutro lugar simbólico da unión arraiana, a fronteira da Meixueira entre Entrimo e Castro Laboreiro. Continuouse cunha rota polas Brandas de Castro Laboreiro, e rematando cunha comida fraternal no mítico lugar da Pena de Anamán.
No ano 2011, o recoñecemento recaeu en Bento da Cruz.[5] Os actos celebráronse na Terrachán, Entrimo, coa subida ata o Pedreiriño.
Ao ano seguinte os actos celebráronse en Celanova, onde Xesús Alonso Montero[6] recibiu a Aguillada das mans de Bento da Cruz. E nese ano concedeuse o primeiro Arraiano Universal á figura de Celso Emilio Ferreiro.
En 2013 a aguillada viaxou a Gres para homenaxear a Xosé Neira Vilas.[7]
No ano 2014 recoñeceuse ao colectivo cultural Porta Treze de Vila Nova de Cerveira.
No ano 2015, recibiu a aguillada Isaac Alonso Estraviz,[8] nun acto celebrado na Igrexa da Virxe do Xurés, onde se recoñece á figura da virxe arraiana como Arraiana Universal.
No ano 2016 recoñeceuse ao enxeñeiro de montes e escritor Xosé Benito Reza,[9] nun acto celebrado no centro de interpretación de Aquis Querquennis, de Bande.
Dende o ano 2017 véñense entregando en Entrimo, e estas son as figuras recoñecidas: Paula Godinho,[10] Quico Cadaval,[11] Xurxo Souto,[12] Manuela Ribeiro,[13] Mercedes Vázquez Saavedra.[14]
Premiados
[editar | editar a fonte]Ano | Arraiano/a Maior | Arraiano/a Universal | Colectivo singular |
---|---|---|---|
2009 | Xosé Luís Méndez Ferrín | ||
2010 | António Lourenço Fontes (Padre Fontes) | ||
2011 | Bento da Cruz | ||
2012 | Xesús Alonso Montero | Celso Emilio Ferreiro | |
2013 | Xosé Neira Vilas | ||
2014 | Porta Treze | ||
2015 | Isaac Alonso Estraviz | Virxe do Xurés | |
2016 | Xosé Benito Reza | ||
2017 | Paula Godinho[10] | ||
2018 | Quico Cadaval[11] | ||
2019 | Xurxo Souto[12] | ||
2020 | Manuela Ribeiro[13] | ||
2021 | Mercedes Vázquez Saavedra[14] | José Lamela Bautista, Toño do Val (O Cesteiro) | |
2022 | Xosé Manoel Núñez Seixas[15] | Xosé Velo | Comités pola memoria histórica de Celanova e o Val do Limia |
2023 | Antoine Chao[16] | Ramón Chao | Asociación Amigos de Prisciliano |
2024 | Uxía Senlle[17] | Justo Beramendi | Fundación Rosalía de Castro |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Méndez Ferrín, arraiano maior". Faro de Vigo. Consultado o 09-03-2021.
- ↑ "Méndez Ferrín, nombrado 'Arraiano Maior'". El Progreso. Consultado o 09-03-2021.
- ↑ "Manifesto Arraiano 2009". Caderno Arraiano. Consultado o 09-03-2021.
- ↑ "Unha aguillada para o Padre Fontes". La Región. Consultado o 09-03-2021.
- ↑ "El escritor Bento da Cruz será nombrado arraiano maior en el monte Pedreiriño". Faro de Vigo. Consultado o 09-03-2021.
- ↑ "Xesús Alonso Montero será nombrado «Arraiano Maior de la Raia Seca»". La Voz de Galicia. Consultado o 09-03-2021.
- ↑ "Xosé Neira Vilas será nombrado Arraiano Maior 2013 por su obra y compromiso vital". Faro de Vigo. Consultado o 09-03-2021.
- ↑ "O profesor Isaac Alonso Estraviz vai recibir o premio Arraiano Maior 2015 no Xurés". Dende a Limia.com. Arquivado dende o orixinal o 21-10-2020. Consultado o 09-03-2021.
- ↑ "Xosé Reza, Arraiano Maior 2016". Nós diario. Consultado o 09-03-2021.
- ↑ 10,0 10,1 "La antropóloga portuguesa Paula Godinho, Arraiana Maior 2017". Faro de Vigo. Consultado o 09-03-2021.
- ↑ 11,0 11,1 "Quico Cadaval será nomeado “Arraiano Maior” o 4 de agosto en Entrimo". O Sil. Consultado o 09-03-2021.
- ↑ 12,0 12,1 "El escritor y músico Xurxo Souto, Arraiano Mayor 2019". La Región. Consultado o 09-03-2021.
- ↑ 13,0 13,1 "Xurxo Souto entregará a Manuela Ribeiro o premio de Arraiana Maior". La Voz de Galicia. Consultado o 09-03-2021.
- ↑ 14,0 14,1 "Entrimo albergará el nombramento de Mercedes Vázquez como “Arraiana Maior”". La Región. Consultado o 10-07-2021.
- ↑ "O historiador Xosé Manoel Núñez Seixas será o Arraiano Maior 2022". 26-07-2022. Consultado o 26-07-2022.
- ↑ "Antoine Chao ya es Arraiano Maior por su defensa de la cultura". 06/08/2024. Consultado o 12/07/2024.
- ↑ "El colectivo ‘Arraianos’ premia a la cantante gallega Uxía". 12/07/2024. Consultado o 12/07/2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Caderno Arraiano". Consultado o 09-03-2021.
- "Xosé Luís Méndez Ferrín Arraiano Maior da Raia Seca 1ª parte". "2ª parte". YouTube. Consultado o 09-03-2021.
- "Padre Fontes Arraiano Maior da Raia Seca 2012 1ª parte". "2ª parte". YouTube. Consultado o 09-03-2021.
- "Bento da Cruz Arraiano Maior da Raia Seca 2011". YouTube. Consultado o 09-03-2021.
- "Discurso Bento da Cruz". YouTube. Consultado o 09-03-2021.
- "Discurso Méndez Ferrín". YouTube. Consultado o 09-03-2021.
- "Discurso Padre Fontes". YouTube. Consultado o 09-03-2021.
- Sitio do colectivo cultural Porta Treze