Saltar ao contido

Merja Halmetoja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMerja Halmetoja

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Nivala, Finlandia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogadora de hóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaFinlandia Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2006–2015 Tampereen Ilves
2015–2016 Hämeenlinnan Pallokerho
2017–2020 Tampereen Ilves

Merja Halmetoja, nada en Nivala o 5 de marzo de 1987 é unha ex xogadora de hóckey sobre xeo finlandesa que xogaba na posición de defensa ou centro. Se ben durante a tempada 2015-16 xogou coa camisola do HPK de Hämeenlinna, Halmetoja desenvolveu case toda a súa carreira no Ilves de Tampere, equipo no que exerce como adestradora asistente dende a tempada 2022-23.[1]

Ao longo da súa carreira xogou 308 partidos de liga regular na máxima competición do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten Liiga, nos que marcou 30 goles e deu 85 asistencias para un total de 115 puntos. Nos play-offs disputou un total de 87 partidos cun rexistro de 7 goles e 12 asistencias para 19 puntos.[1]

Halmetoja integrou o equipo de Ilves que se proclamou campión finlandés na tempada 2009-10, e gañou cinco medallas de prata co equipo de Tampere nos anos 2008, 2009, 2011, 2018 e 2019, así como outra prata máis con HPK en 2016.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Merja Halmetoja" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 2 de xaneiro de 2023.