Meyer Guggenheim
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1828 Lengnau, Suíza (pt) |
Morte | 15 de marzo de 1905 (77 anos) Lake Worth, Estados Unidos de América (pt) |
Lugar de sepultura | Salem Fields Cemetery (en) |
Patriarca | |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Familia | |
Fillos | Isaac Guggenheim, Daniel Guggenheim, Murray Guggenheim, Solomon R. Guggenheim, Benjamin Guggenheim, Simon Guggenheim, William B. Guggenheim |
Pais | Simon Meyer Guggenheim e Schäfeli Levinger |
Meyer Guggenheim, nado en Lengnau (Suíza) o 1 de febreiro de 1828 e finado en Palm Beach o 15 de marzo de 1905,[1] foi o patriarca do que se coñeceu como familia Guggenheim.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Lengnau, Aargau, en 1828. Era de orixe xudía asquenací e emigrou aos Estados Unidos de América en 1847.[1] Comezou no negocio da importación, pero fixo a súa fortuna e a da súa familia (unha das maiores do século XIX) na minaría e na fundición.
Guggenheim investiu en minas de prata no distrito mineiro de Leadville en Colorado. Da minaría expandiuse na fundición de mineral, tamén en Colorado, e logo construíu unha serie de fundicións polos Estados Unidos e o norte de México. Segundo crecían os seus fillos, asumían papeis de liderado nos negocios da familia.[2]
Vida privada
[editar | editar a fonte]Dez dos fillos que tiveron Guggenheim e a súa esposa Barbara sobreviviron. Cinco dos sete fillos varóns tiveron funcións importantes no negocio:
- Isaac Guggenheim (1854–1922)
- Daniel Guggenheim (1856–1930), xefe da familia trala morte do seu pai, foi o máis activo dos fillos no desenvolvemento e adquisición de intereses mineiros polo mundo
- Murry Guggenheim (1858–1939), orixinariamente no negocio da importación de encaixes e bordados e en 1881 involucrado na minería
- Solomon Robert Guggenheim (1861–1949), mecenas da arte moderna mediante a súa fundación e as doazóns ao Museum of Modern Art
- (John) Simon Guggenheim (1867–1941), senador dos Estados Unidos por Colorado durante unha lexislatura
- Benjamin Guggenheim (1865–1912), falecido no Titanic
- William Guggenheim
- Jeanette Guggenheim
- Rose Guggenheim
- Cora Guggenheim Rothschild, casada con Louis Frank Rothschild, fundador de L.F. Rothschild)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Meyer Guggenheim". Encyclopedia. Encyclopædia Britannica. Consultado o 5 de abril de 2013.
- ↑ National Mining Hall of Fame, Meyer Guggenheim Arquivado 22 de febreiro de 2014 en Wayback Machine., consultado o 13 de xaneiro de 2014
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- National Mining Hall of Fame: Meyer GuggenheimArquivado 22 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.