Michael William Balfe
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de maio de 1808 ![]() Dublín (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) ![]() |
Morte | 20 de outubro de 1870 ![]() Hertfordshire, Reino Unido ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Kensal Green ![]() |
Actividade | |
Ocupación | compositor, cantautor, director de orquestra, cantante de ópera, cantante ![]() |
Xénero artístico | Ópera ![]() |
Tesitura | Barítono ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Magdalena Roser ![]() |
Fillos | Victoria Balfe ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography A Dictionary of Music and Musicians, 1900 (en) ![]() Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Michael William Balfe, nado en Dublín en 1808 e finado en Rowney Abbey en 1870, foi un compositor irlandés, coñecido pola súa ópera The Bohemian Girl (1843).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun mestre de danza, a única educación musical que recibiu foi de seu pai e do músico C. E. Horn. Aos seis anos tocaba o violín para as clases do pai e aos sete compuxo unha polacca. En 1817 actuou por primeira vez en público, logo da morte de seu pai en 1823 uniuse á orquestra do teatro real Drury Lane, en Londres e actuou como barítono, con éxito só moderado. Entre 1825 e 1833 residiu en Italia, onde compuxo as súas primeiras óperas.
Ao regreso a Inglaterra estreou a ópera Siege of Rochelle en 1835 con grande éxito, á que lle seguiu en 1836 The Maid of Artois, tamén exitosa.