Saltar ao contido

Microfotografía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha microfotografía de 1 mm de diámetro, circa 1858.

A microfotografía, inventada e patentada por René Dagron, consiste na obtención de imaxes moi pequenas (de 1 mm de diámetro) de obxectos de tamaño real, e comprende toda a tecnoloxía necesaria para a arte de facer este tipo de imaxes. As aplicacións de microfotografía inclúen a espionaxe, como no caso de William Fischer até os obxectos de agasallo con visor para as tendas de recordos de viaxe. Hoxe en día aínda se utiliza en parte das técnicas empregadas na fabricación de microchips, onde se chega a reducir a imaxe do circuíto a nivel de micróns.[1]

Empregando un proceso de daguerrotipo, John Benjamin Dancer foi un dos primeiros en producir microfotografías, en 1839.[2] Dancer conseguiu unha proporción de redución de 160:1, e perfeccionou os seus procedementos de redución co proceso do colodión húmido, de Frederick Scott Archer, desenvolvido en 1850-1851, pero desaproveitou o seu traballo de décadas de microfotografías como un pasatempo persoal, e non documentou os seus procedementos. A idea de que a microfotografía sería tan só unha novidade curiosa era unha opinión compartida polo Dictionary of Photography, de 1858, que bautizou o proceso como "unha cousa insignificante e infantil."[3]

Microfilme e microfichas

[editar | editar a fonte]

Despois da segunda guerra mundial, xurdiron aplicacións importantes da microfotografía: as microfichas, tamén chamadas microfilmes, e distintos soportes con finalidades de arquivo e documentación, pero con moita menos redución (unha microficha ten un diámetro de 1 cm, comparado con 1 mm de diámetro dunha fotomicrografia de Dagron). Desafortunadamente, o desenvolvemento das técnicas dixitais de arquivo fixo que esta tecnoloxía se atope nun desuso cada vez maior.[4]

  1. Enciclopedia completa de la fotografía. Hermann Blume ediciones. ISBN 84-7214-276-0. 
  2. Biographical Dictionary of the History of Technology. Taylor & Francis. ISBN 9780415193993. 
  3. Focal encyclopedia of photography By Michael R. Peres
  4. Veaner, Allen B., ed. (1976). "Microphotography". Studies in micropublishing, 1853–1976: documentary sources. Microform Review Inc. ISBN 0-913672-07-6.