Microphones in 2020
Microphones in 2020 | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Microphones | ||||
Publicado | 7 de agosto de 2020 | |||
Gravación | maio de 2019 - maio de 2020 | |||
Duración | 44:44 | |||
Xénero(s) | experimental, rock | |||
Selo(s) | P. W. Elverum & Sun, Ltd. | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
https://pwelverumandsun.bandcamp.com/album/microphones-in-2020 | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Microphones in 2020 é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de indie folk The Microphones, publicado o 7 de agosto de 2020 a través do selo P. W. Elverum & Sun, Ltd, propiedade de Phil Elverum.[1] Trátase do primeiro lanzamento do grupo en 17 anos, tras o disco de Mount Eerie de 2003.
Microphones in 2020 é un álbum conceptual formado por unha única canción de 44 minutos que describe a vida e a carreira musical de Elverum. O álbum foi composto e gravado totalmente por Elverum. O seu lanzamento foi acompañado por unha curtametraxe formada por 761 fotografía tomadas por Elverum.[2]
Tras o seu anuncio, os seus seguidores e as publicacións musicais interesáronse polo feito de que o álbum estivese acreditado a The Microphones e non a Mount Eerie, o nome baixo o que Elverum editou a meirande parte da súa música dende 2004.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]- "Microphones in 2020" - 44:44
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Microphones in 2020, by the Microphones". Mount Eerie (en inglés). Consultado o 2021-10-07.
- ↑ "Watch the Microphones’ Short Film for New Album Microphones in 2020". Pitchfork (en inglés). 2020-08-06. Consultado o 2021-10-07.