Miguel Gil Casares
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de setembro de 1871 Santiago de Compostela, España |
Morte | 12 de abril de 1931 (59 anos) Santiago de Compostela, España |
Membro da Asemblea Nacional Consultiva | |
25 de xaneiro de 1930 – 15 de febreiro de 1930 | |
Senador do Reino | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Central |
Actividade | |
Ocupación | médico, tradutor, profesor universitario, político |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela |
Familia | |
Irmáns | Felipe Gil Casares |
Descrito pola fonte | Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana (1908-1930) (pt) , (vol:XXVI, sec:Gil Casares (Miguel), p.35-36) |
Miguel Gil Casares, nado en Santiago de Compostela o 22 de setembro de 1871 e finado na mesma cidade o 11 de abril de 1931[1], foi un médico e catedrático galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo do catedrático de Ciencias Ramón Gil Villanueva e neto do químico Antonio Casares Rodríguez, amais de irmán do avogado e político Felipe Gil Casares.
Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. En 1894 doutorouse coa tese De hematocele yuxta-uterino , e en 1897 gañou a oposición á cátedra de Pediatría. Despois pasou á de Clínica médica e á de medicina interna. Foi un dos pioneiros da loita contra a tuberculose en Galicia. Foi senador pola Universidade de Santiago de Compostela entre o 10 de febreiro de 1921 e 1923[2].
Desde a súa inauguración en 1961 dá nome ao Hospital Gil Casares.
Datos persoais
[editar | editar a fonte]Casou con Joaquina Armada Losada, irmá do marqués de Figueroa, Juan Armada Losada, da que tivo cinco fillos: Juan, Ramón, María del Pilar, Bernardo e Joaquín.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Excmo. Señor Don Miguel Gil Casares [...] (necrolóxica)". El Eco de Santiago (en castelán). 11-4-1931.
- ↑ "GIL CASARES, MIGUEL". Senado de España (en castelán). Consultado o 3-3-2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, A. (1952). "GIL CASARES, Miguel". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 161-162.
- Díaz-Fierros, F.; Fraga, X. A.; Mato, A., eds. (2018). Álbum da ciencia: 30 nomes e as súas achegas. Santiago de Compostela: CCG. ISBN 978-84-92923-94-6.