Saltar ao contido

Miguel Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para o ex-presidente do Perú véxase Miguel Iglesias Pino de Arce.
Modelo:BiografíaMiguel Iglesias

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo Editar o valor en Wikidata

Miguel Iglesias Sánchez, nado en Ourense o 18 de outubro de 1984, é un modelo galego de nivel internacional.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Logo de estudar e pasar a infancia en Ourense, marchou aos Estados Unidos, onde viviu e estudou nos estados de Mississippi e Hawai. Despois marchou para Barcelona para estudar mercadotecnia, onde foi contratado por unha axencia de modelos. Ese mesmo ano realizou o seu primeiro pase en Milán.

Traballa fundamentalmente entre Milán e Nova York, onde foi a imaxe da campaña principal de Armani para 2008. Tamén ten traballado para Calvin Klein, Versace, Dolce & Gabbana ou Louis Vouitton.