Miguel Louzao Outeiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1974 (50 anos) Orazo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | filólogo, escritor, profesor de ensino secundario |
Premios | |
Miguel Louzao Outeiro, nado en Orazo (A Estrada) o 24 de febreiro de 1974, é un filólogo e ensaísta galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, Hispánica e Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi investigador do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e profesor-lector de lingua, literatura e cultura galegas na Universidade Complutense de Madrid, cidade onde cursou un máster de Xestión Cultural na Universidade Carlos III. Membro do comité de redacción do Boletín Galego de Literatura e secretario da revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos. Ten colaborado tamén en publicacións como Tabeirós Terra de Montes, A Trabe de Ouro, Revista de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca e Tempos Novos, así como nos xornais Vieiros e Faro de Vigo.
Desde 2005 exerce como profesor de lingua e literatura galegas no ensino, sendo actualmente o director do CPI Aurelio Marcelino Rey García en Cuntis.
Desde o ano 2009 é vice-coordinador Xeral da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, da que foi fundador.
Obra
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Informe de literatura 1997, 1998, Centro Ramón Piñeiro.
- Informe de literatura 1998, 1999, Centro Ramón Piñeiro.
- Informe de Literatura 1999, 2000, Centro Ramón Piñeiro.
- Informe de Literatura 2000, 2001, Centro Ramón Piñeiro (en CD-ROM).
- Informe de Literatura 2001, 2002, Centro Ramón Piñeiro (en CD-ROM).
- Lingua e literatura 1º ESO, 2011, Xerais.
- Lingua e literatura 1º ESO-Proposta didáctica, 2011, Xerais.
- Lingua e literatura 3º ESO, 2011, Xerais.
- Lingua e literatura 3º ESO-Proposta didáctica, 2011, Xerais.
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
Premios
[editar | editar a fonte]- Gañador do XIV Premio Carvalho Calero de investigación lingüística e literaria en 2005 por Letras da Cal na produción poética galega dos 90.