Premio Carvalho Calero
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Premio Carvalho Calero | |
---|---|
Tipo | premio |
Data de fundación | 1990 |
Nomeado en referencia a | Ricardo Carballo Calero |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os premios Carvalho Calero son premios de investigación lingüística e creación literaria, outorgados polo Concello de Ferrol, que levan o nome do autor ferrolán Ricardo Carvalho Calero, filólogo e escritor galego, mestre de varias xeracións. O primeiro certame data do ano 1990 tras a morte de Carvalho Calero. As dezaoito primeiras, anuais, mais as dúas últimas, bianuais para evitar que as dificultades económicas poidan causar problemas a este certame. No ano 2008 fíxose unha paréntese co fin de axustar as convocatorias deste galardón literario e proceder á súa renovación.
Orixe e contexto histórico
[editar | editar a fonte]Tras a ditadura franquista, Galicia tentou devolver o status lingüístico e literario ao pobo galego. Tras a morte deste filólogo no ano 1990, pretendeuse impulsar á sociedade a escribir nesta lingua. Para iso, creouse o Premio Carvalho Calero, que dotara aos gañadores de ambas as modalidades cunha contía económica que, dependendo da edición, rolda os 3 700 €, e a publicación da obra.
A entidade organizadora foi a Sociedade Cultural Medulio, que naceu cos obxectivos de promoción e defensa da cultura galega na perspectiva da súa normalización, e posteriormente fíxose cargo o Concello de Ferrol. Os premios son bianuais, mais no ano que non se celebran o Concello de Ferrol convoca o Premio de Investigación concibido para fomentar políticas de igualdade impulsadas dende diferentes entidades e que, como novidade, nesta edicióncal? ampliaranse a todo tipo de iniciativas de acción social. O obxectivo desta convocatoria é recoñecer publicamente e distinguir a traxectoria profesional duna actuación de calidade no ámbito dos servizos sociais, de políticas de xénero e loita contra a violencia de xénero.
Premios
[editar | editar a fonte]1990 (I edición) | Narración curta | Xoán Ignacio Taibo, Informe bestiario[1] |
Investigación lingüística ou ensaio | ||
1991 (II edición) | Narración curta | Henrique Dacosta, Mar para todo o sempre[2] |
Investigación lingüística ou ensaio | José Martinho Montero Santalha, Carvalho Calero e a sua obra | |
1992 (III edición) | Narración curta | |
Investigación lingüística ou ensaio | ||
1993 (IV edición)[3] | Narración curta | Henrique Dacosta, Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias |
Investigación lingüística ou ensaio | Laura Tato Fontaíña, Teatro e nacionalismo (Ferrol 1915-1936) | |
1994 (V edición) | Narración curta | Manuel Lourenzo González, As paisaxes compartidas |
Investigación lingüística ou ensaio | ||
1995 (VI edición)[4] | Narración curta | Xesús Manuel Marcos, Terra queimada |
Investigación lingüística ou ensaio | Xina Vega, Álvaro Cunqueiro, unha poética da reacción | |
1997 (VII edición)[5] | Narración curta | Xoán Xosé Piñeiro Cochón, Coa lei de costas |
Investigación lingüística ou ensaio | premio deserto | |
1998 (VIII edición)[6] | Creación literaria | Xosé Luís Martínez Pereiro, As irmáns bastardas da ciencia |
Investigación literaria ou lingüística | Henrique Rabuñal, Manuel Murguía | |
1999 (IX edición)[7] | Creación literaria | Carlos Quiroga, Periferias |
Investigación lingüística | Xosé Manuel Sánchez Rei, Se o vós por ben teverdes. A interpolación pronominal en galego | |
2000 (X edición)[8] | Creación literaria | Xosé Vázquez Pintor, Quen faga voar |
Investigación lingüística ou ensaio | Xoán Carlos Lagares, E por esto fez este cantar | |
2001 (XI edición)[9] | Creación literaria | Rosa Aneiros, Corazóns amolecidos en salitre |
Investigación lingüística ou ensaio | Antonia López García, Se as aves insisten na ledicia. A obra de Bernardino Graña | |
2002 (XII edición) | Creación literaria | Félix Rodal, A cor do cabalo |
Investigación lingüística ou ensaio | Roberto López-Iglésias Samartim, A dona do tempo antigo | |
2004 (XIII edición) | Creación literaria | Paulino Pereiro, Habitar as illas |
Investigación lingüística ou ensaio | Raquel Vello, Muiller nobre, ilustrada, dramaturga | |
2005 (XIV edición)[10] | Creación literaria | Carlos Quiroga, Inxalá |
Investigación lingüística ou ensaio | Miguel Louzao Outeiro, Letras da Cal na produción poética galega dos 90 | |
2007 (XV edición)[11] | Creación literaria | Paula San Vicente, Fío de contas |
Investigación lingüística ou ensaio | Xosé Manuel Maceira, Un nacionalismo cívico e social | |
2008 (XVI edición)[12] | Creación literaria | Henrique Dacosta, Unha mada de relatos |
Investigación lingüística ou ensaio | premio deserto | |
2009 (XVII edición) | Creación literaria | |
Investigación lingüística ou ensaio | ||
2010 (XVIII edición)[13] | Creación literaria | premio deserto |
Investigación lingüística ou ensaio | Manuel Castelao Mexuto, Eludicións na sombra. Análise e interpretación de dúas pezas teatrais de Carvalho Calero | |
2012 (XIX edición) | Creación literaria | |
Investigación lingüística ou ensaio | Luis García Soto, O labirinto da saudade[14] | |
2014 (XX edición)[15] | Creación literaria | María Cristina Pavón Mauriz, A busca da orixe perdida das especies |
Investigación lingüística ou ensaio | Isaac Lourido, História litéraria e conflito cultural. Bases para umha história sistémica da literatura na Galiza | |
2016 (XXI edición)[16] | Creación literaria | premio deserto |
Investigación lingüística ou ensaio | Carlos Caetano Biscaínho, Fernando Osorio do Campo. Unha vida sen tregua |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Informe bestiario". Laiovento.
- ↑ "Mar para todo o sempre". Laiovento.
- ↑ "Informe de Literatura 1995" (PDF). Centro Ramón Piñeiro.
- ↑ "Informe de literatura 1996" (PDF). Centro Ramón Piñeiro.
- ↑ "Informe de literatura 1997" (PDF). Centro Ramón Piñeiro.
- ↑ "Informe de literatura 1998" (PDF). Centro Ramón Piñeiro.
- ↑ "Informe de literatura 1999" (PDF). Centro Ramón Piñeiro.
- ↑ "Informe de literatura 2000" (PDF). Centro Ramón Piñeiro.
- ↑ "Informe de literatura 2001" (PDF). Centro Ramón Piñeiro.
- ↑ "Medulio publica las obras ganadoras del Carballo Calero". La Voz de Galicia. 24 de novembro de 2006.
- ↑ "Concello e Asociación Medulio entregan os Premios de Literatura e Ensaio Carvalho Calero". Galicia Digital. 18 de decembro de 2018.
- ↑ "Henrique Dacosta gaña o premio Carvalho Calero de narración curta". Cultura Galega. 7 de xullo de 2008.
- ↑ "Ditames do XVIII Certame de ensaio e narrativa Carvalho Calero". AELG. 12 de novembro de 2010.
- ↑ "Luis García Soto gana el XIX Premio Carvalho Calero". El Correo Gallego (en castelán). 5 de outubro de 2012.
- ↑ "Isaac Lourido e Cris Pavón, gañadores do premio Carvalho Calero". AELG. 6 de outubro de 2014.
- ↑ "Acta do xurado da XXI edición do Premio Ricardo Carvalho Calero de investigación lingüística e creación literaria 2016" (PDF). Concello de Ferrol. 13 de decembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Enciclopedia Galega Universal. Vigo, Ir Indo, 1999.[cómpre nº de páxina]
- Rodríguez Iglesias, F. (ed.): Proxecto Galicia. Literatura. A Coruña, Hércules de Ediciones, 2000- (6 vols.) [cómpre nº de páxina]
- Vilavedra, Dolores (coord.): Diccionario da Literatura Galega, Vigo, Ed. Galaxia, 1995-2003 (4 vols.) [cómpre nº de páxina]
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Diario de Ferrol.Que artigo/s?