Xoán Ignacio Taibo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1949 (75 anos) Madrid |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Narrativa |
Familia | |
Irmáns | Carlos Taibo |
Premios | |
Xoán Ignacio Taibo Arias, tamén coñecido como Nacho Taibo,[1] nado en Madrid o 31 de marzo de 1949, é un escritor e sociólogo galego.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado na emigración madrileña de pais galegos, tomou contacto coa cultura galega en Madrid e en 1976 estableceuse en Galicia. Estudou socioloxía en Madrid[3] e tivo varios traballos ata comezar en 1982 a exercer de profesor de secundaria na materia de Lingua Galega e Literatura ata a xubilación.[4] Ten colaborado en diversas publicacións periódicas de Galicia: Teima, A Nosa Terra, Nós Diario[5]...
En 1975 publicou a súa primeira obra literaria, Os inmortais, unha recolleita de tres relatos.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É irmán de Carlos Taibo.[6]
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Os inmortais (1975). Vigo: Editorial Castrelos.
- O fotógrafo (1977). Limbo.
- Homes de ningures (1978). Edicións do Rueiro. En 2002 foi publicado por La Voz de Galicia na Colección "Biblioteca 120 Galega".
- Calendario de brétemas mañanceiras na miña praia atlántica (1981). Maddrid: Akal.
- A semancia (1981). Vigo: Xerais. ISBN 9788475070278.
- Doncos, o pacífico (1987). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 978-84-86021-42-9.
- Informe bestiario (1991). Santiago: Laiovento. 110 páxs. ISBN 978-84-87847-04-2.
- A ponliña irlandesa (1997). Sada: Ediciós do Castro.
- Por tras dos meus ollos (1999). Santiago: Sotelo Blanco. 131 páxs. ISBN 978-84-7824-335-8.
- Salvador de Occidente (2000). Vigo: Ir Indo. 212 páxs. ISBN 788476803103.
- Flor do grelo (2008). Santiago: Laiovento. 51 páxs. ISBN 978-84-8487-156-8.
- As boas familias (2014). Noia: Toxosoutos. ISBN 978-84-943014-1-4.
- Os tres de nunca (2017). Vigo: Xerais. 568 páxs. ISBN 978-84-9121-138-9.[7]
- Un amigo do pobo (2024). Menino Morreu. 112 páxs. ISBN 9788419344083.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Catro narracións, 1977, Ediciós do Castro.
- Os partidos políticos na Galiza, 1977, Edicións do Rueiro. Con Manuel Rivas.
- A fundición e outras narracións, 1978, Ediciós do Castro.
- O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990), 1990, Galaxia.
- Premios Pedrón de Ouro. Certames XVI (1990) e XVII (1991), 1992, Ediciós do Castro.
- Novo do trinque, 1997, BNG.
- Novos exercicios de estilo, 2000, Universidade da Coruña.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, 2015, Alvarellos.
- Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Tradución
[editar | editar a fonte]- Vinícius de Moraes, 1983, Júcar.
Premios
[editar | editar a fonte]- Gañador do Premio Modesto R. Figueiredo do 1975, por A enquisa.
- Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo do 1976, por O leito (esbozo para unha historia que nunca existiu).
- Premio da Crítica Española do 1978, por Homes de ningures.
- Premio Mesón do Labrego da Editorial Limbo no 1978, por O fotógrafo.
- Gañador do Premio Modesto R. Figueiredo do 1979, por Pacífico Sul.
- Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo do 1979, por Saga dos mil e un mortos.
- Gañador do primeiro Premio Carvalho Calero do Concello de Ferrol no 1990, por Informe bestiario.
- Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo do 1990, por Libélulo cabálulo do demo.
- Segundo premio do Premio Modesto R. Figueiredo do 1994, por Don Ninguén.
- Finalista do premio Eixo Atlântico no 1998, por Por tras dos meus ollos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: t". www.ogalego.eu. Consultado o 2025-01-16.
- ↑ "Xoán Ignacio Taibo Arias - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2025-01-16.
- ↑ "Nacho Taibo". www.aelg.gal. Consultado o 2025-01-16.
- ↑ "Xoán Ignacio Taibo Arias Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2025-01-16.
- ↑ Diario, Nós. "Nós Diario - Xornal de intereses galegos". Nós Diario. Consultado o 2025-01-16.
- ↑ "Carlos Taibo, especialista em geo-política, escritor e novo sócio da AGAL". www.a.gal. Archived from the original on 03 de xullo de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ "Os tres de nunca - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2025-01-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista co escritor Arquivado 20 de marzo de 2018 en Wayback Machine., Sermos Galiza, 19 de marzo de 2018.
- É anómalo que só terme do futuro da lingua unha minoría activa Arquivado 16 de agosto de 2016 en Wayback Machine., conversa co autor para Galicia Hoxe, aparecida o 28 de xuño de 2010.
- Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros Arquivado 26 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.