Mike Portnoy
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Michael Stephen Portnoy 20 de abril de 1967 (57 anos) Long Beach, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Berklee College of Music Long Beach High School (en) Five Towns College (en) |
Actividade | |
Ocupación | batería, compositor, compositor de cancións, produtor musical, músico, artista discográfico |
Período de actividade | 1984 - |
Membro de | Transatlantic (pt) The Winery Dogs (pt) Flying Colors (pt) Yellow Matter Custard (pt) Metal Allegiance (en) Sons of Apollo (pt) Adrenaline Mob (pt) Liquid Trio Experiment (en) Dream Theater OSI (pt) Nightmare Cinema (en) Liquid Tension Experiment (pt) The Neal Morse Band (en) |
Xénero artístico | Metal progresivo |
Instrumento | Batería e voz |
Selo discográfico | Roadrunner Records |
Familia | |
Pai | Howard Portnoy |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | mikeportnoy.com |
Mike Portnoy (20 de abril de 1967) foi o batería e cofundador da banda estadounidense de metal progresivo Dream Theater.
Ademais do seu traballo con Dream Theater, Portnoy é coñecido polos seus moitos proxectos paralelos e bandas tributo. É membro fundador de Liquid Tension Experiment, unha banda de rock progresivo instrumental na que tamén está os seus compañeiros de Dream Theater John Petrucci e Jordan Rudess, xunto co baixista Tony Levin. Tamén é fundador de Transatlantic, un supergrupo de rock progresivo co teclista de Spock's Beard Neal Morse, o guitarrista de The Flower Kings Roine Stolt e o baixista de Marillion Pete Trewavas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado o 20 de abril de 1967 en Nova York, amosou xa de moi novo a súa afección pola música. Entrou no Berklee Music College de Boston onde coñecería os seus compañeiros de grupo: John Petrucci (guitarrista) e John Myung (baixista). Ademais de traballar en Dream Theater, Portnoy forma parte de Liquid Tension Experiment ou OSI, entre outros proxectos. As súas composicións están fortemente marcadas por dobres bombos, enérxicos redobres, polirritmias e sobre todo unha grande orixinalidade. Dispón dun incontable número de accesorios no seu equipo de batería, os cales aproveita para sacar novos sons, xogando con eles.
O seu carácter obsesivo compulsivo lévao sempre a involucrarse de forma desmesurada en calquera das súas actividades, por iso evita o alcol e o tabaco. Deixou este último como promesa á súa nai no leito de morte ao falecer esta dun cancro. Nos concertos en directo sempre ofrece a nota de cor. As súas escenas cómicas son fielmente captadas polas cámaras que el mesmo se encarga de dirixir. Mike Portnoy é un 'pallaso' entrañable do cal, a pesar das críticas suscitadas cara a el nalgunha ocasión, non se lle pode negar que se trata dun dos mellores baterías do mundo.
Influencias
[editar | editar a fonte]Entre as influencias favoritas de Portnoy están Neil Peart, Frank Zappa, Terry Bozzio, Phil Collins, Vinnie Colaiuta, Simon Philips, John Bonham, Keith Moon, Ringo Starr e Bill Bruford. Como bandas favoritas ten a The Beatles, Queen, Yes, Rush, Pink Floyd, Metallica, Jellyfish, Iron Maiden, U2 e Jane's Addiction.
Equipo
[editar | editar a fonte]Mike Portnoy conta con diferentes e xigantescos kits de batería:
- Siamese Monster (Tama/Sabian)
- Purple Monster (Tama/Sabian)
- The Transatlantic kit (Tama/Sabian)
- The Awake/ A Change of Seasons kit (Mapex/Sabian)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio Web oficial de Mike Portnoy.