Mike Wallace
Nome orixinal | (en) Myron Leon Wallace |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Mike Leon Wallace 9 de maio de 1918 Brookline, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 7 de abril de 2012 (93 anos) New Haven, Estados Unidos de América |
Causa da morte | doenza |
Lugar de sepultura | West Chop Cemetery (en) |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Universidade de Míchigan - grao en Artes Brookline High School (en) Centro Interlochen de Artes (pt) |
Cor dos ollos | Castanho escuro (pt) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, actor, escritor, presentador de concursos, guionista, produtor de cinema, presentador de televisión, locutor |
Período de actividade | 1939 - 2008 |
Empregador | CBS |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | segunda guerra mundial |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Buff Cobb (1949–1955) |
Fillos | Chris Wallace |
Premios | |
|
Myron Leon "Mike" Wallace, nado en Brookline (Massachusetts) o 9 de maio de 1918 e finado en New Canaan (Connecticut) o 7 de abril de 2012, foi un xornalista estadounidense, presentador de concursos, actor e personalidade dos medios de comunicación. Entrevistou un amplo rango de xornalistas durante a súa carreira de setenta anos. Foi un dos correspondentes orixinarios de 60 Minutes, de CBS, que se estreou en 1968. Wallace retirouse como correspondente a tempo completo en 2006, mais continuou a aparecer ocasionalmente no programa ata 2008.
Entrevistou moitos políticos, celebridades e estudosos, como Pearl S. Buck, Deng Xiaoping, Mohammad Reza Pahlavi, Jiang Zemin, Ruhollah Khomeini, Kurt Waldheim, Frank Lloyd Wright, Yasser Arafat, Menachem Begin, Anwar Sadat, Manuel Noriega, John Nash, Gordon B. Hinckley, Vladimir Putin, Maria Callas, Barbra Streisand, Salvador Dalí, Mahmoud Ahmadinejad e Ayn Rand.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Wallace, procedente dunha familia de apelido orixinariamente Wallik,[2] naceu en 1918, in Brookline, Massachusetts,[2] de proxenitores inmigrantes xudeus rusos,[2][3] Durante a súa vida identificouse como xudeu. o seu pai era tendeiro e corretor de seguros.[4] Wallace acudiu ao Brookline High School, graduándose en 1935.[5] Graduouse na Universidade de Míchigan catro anos despois cun grao en artes. Mentres era estudante universitario traballou como reporteiro para o Michigan Daily é pertenceu ao Alpha Gamma Chapter da fraternidade Zeta Beta Tau.[6]
Carreira
[editar | editar a fonte]O primeiro traballo de Wallace foi como presentador de noticias e escritor para WOOD Radio en Grand Rapids, Míchigan. Alí estivo ata 1940 cando se uniu a WXYZ Radio en Detroit como locutor. Despois foi traballador independente de radio en Chicago.
No inicio da súa carreira, presentou programas de acción para a radio como Ned Jordan, Secret Agent e The Green Hornet. A finais da década de 1940, converteuse en parte do equipo de locutores para a rede de radio da CBS. Tivo poucas ocasións para amosar o seu lado cómico cando apareceu traballando ao lado do líder de orquestra Spike Jones en rutinas de diálogo.
Durante a década de 1950, Wallace presentou varios concursos como The Big Surprise, Who's the Boss? e Who Pays?, algo común para os xornalistas da época, como Douglas Edwards, John Daly, John Cameron Swayze e Walter Cronkite. Conduciu o programa piloto para Nothing but the Truth, de Bud Collyer cando foi estreado baixo o título de To Tell the Truth e foi panelista ocasional do programa durante os anos cincuenta. Tamén fixo anuncios para unha variedade de produtos.
Neste período presentou dous programas nocturnos de entrevistas, Night Beat (transmitido en Nova York só polo canal WABD) e The Mike Wallace Interview en ABC. As súas entrevistas eran tan duras (algo pouco común na televisión daqueles tempos) que o seu alcume chegou a ser "Mike Malice" (Mike Malicia).
A principios da década de 1960, a principal fonte de ingresos de Wallace proviña dos anuncios que realizaba para a marca de cigarros Parliament. Despois da morte do seu fillo máis vello decidiu regresar ás noticias e reciciu a oferta de presentar unha versión inicial de The CBS Morning News, o que fixo entre 1963 e 1966. O 14 de marzo de 2006 anunciou que se retiraba de 60 Minutes despois de 37 anos no programa.
Pasamento
[editar | editar a fonte]Wallace faleceu na súa residencia de New Canaan, Connecticut, de causas naturais o 7 de abril de 2012, un mes e dous días antes do seu 94.º aniversario.[2][7] A noite despois da súa morte, Morley Safer anunciou o seu pasamento en 60 Minutes. O 15 de abril de 2012 emitiuse un capítulo completo de 60 Minutes dedicado a lembrar a súa vida.[8][9][10]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Wallace tivo dous fillos coa súa primeira esposa, Norma Kaphan.[11] O fillo máis novo de Wallace, Chris, tamén é xornalista. O seu fillo máis vello, Peter, faleceu aos dezanove anos nun accidente de escalada en Grecia en 1962.[12]
Entre 1949 e 1954, Wallace estivo casado con Patrizia "Buff" Cobb, actriz fillastra de Gladys Swarthout. Os dous presentaron "Mike and Buff Show" en CBS a principios da década de 1950. Tamén presentaron "All Around Town" en 1951 e 1952.[13]
Durante moitos anos, Wallace sufriu sen sabelo de depresión. Nun artigo que escribiu para Guideposts, Wallace explicou que "tiña días en que me sentía triste e necesitaba máis esforzo do habitual sacar adiante as cousas que tiña que facer".[14][15]
Retratos ficticios
[editar | editar a fonte]Wallace foi interpretado polo actor Christopher Plummer no filme de 1999, The Insider. O guión estaba baseado nun artigo publicado en Vanity Fair, "The Man Who Knew Too Much", de Marie Brenner, que como Wallace cedeu ás presións para matar a historia sobre Jeffrey Wigand, un delator que trataba de expor as perigosas prácticas de negocios de Brown & Williamson. A Wallace, pola súa parte, non lle gustou o seu retrato en pantalla e mantivo que el estaba moi ansioso por mostrar a historia completa de Wigand.
Wallace foi interpretado por Stephen Rowe na versión teatral de Frost/Nixon, mais foi omitido do guión da adaptación cinematográfica. No telefilme de 1999 Hugh Hefner: Unauthorized, Wallace foi interpretado por Mark Harelik, mentres que en A Face in the Crowd (1957), interpretouse a el mesmo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ TruthTube1111 (25 de maio de 2011). "Ayn Rand First Interview 1959 (Full)" – vía YouTube.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Weiner, Tim (8 de abril de 2012). "Mike Wallace, CBS Pioneer of '60 Minutes,' Dies at 93". The New York Times. Consultado o 8 de abril de 2014.
- ↑ Times of Israel: "CBS reporter Mike Wallace dead at 93 - Son of Jewish Russian immigrants had a career that spanned 60 years" by Ilan Ben Zion, 8 de abril de 2012
- ↑ H.W. Wilson Company (1978). Current biography yearbook. H. W. Wilson Co. p. 418. Consultado o 8 de abril de 2012.
- ↑ Brozan, Nadine. "Chronicle", The New York Times, 16 de marzo de 1993. Consultado o 5 de febreiro de 2008. "Mike Wallace is lending a hand to his old school, Brookline High School, at a benefit -- unusual for a Massachusetts public school -- in New York tomorrow evening. Mr. Wallace, class of '35, will interview the school's acting headmaster, Dr. Robert J. Weintraub, at a cocktail party that is expected to draw 60 or so Brookline graduates to the University Club on West 54th Street."
- ↑ "Home - Zeta Beta Tau". Zeta Beta Tau. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2011. Consultado o 09 de xuño de 2019.
- ↑ Safer, Morely. "Remembering Mike Wallace". CBS News. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2012. Consultado o 8 de abril de 2012.
- ↑ Tanglao, Leezel. "Mike Wallace Dies".
- ↑ Hayes, Ashley (9 de abril de 2012). "Veteran newsman Mike Wallace dead at 93". CNN.
- ↑ Silver, Stephen. "60 Minutes Says Goodbye to Mike Wallace". EntertainmentTell. www.technologytell.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2012. Consultado o 17 de abril de 2012.
- ↑ Stars of David: Prominent Jews Talk About Being Jewish por Abigail Pogrebin, consultado o 30 de marzo de 2013.
- ↑ Katie Couric. "Mike Wallace, man of the hour". msnbc.com. 14 de marzo de 2006.
- ↑ Nelson, Valerie (22 de xullo de 2010). "Buff Cobb dies; actress, theatrical producer was once married to Mike Wallace". Los Angeles Times. Consultado o 25 de agosto de 2016.
- ↑ Orixinal en inglés: "I'd had days when I felt blue and it took more of an effort than usual to get through the things I had to do".
- ↑ Mike Wallace, "Mike Wallace Battles Depression" Arquivado 27 de abril de 2015 en Wayback Machine. Guideposts Magazine, xaneiro de 2002 (republicado en 2012)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mike Wallace |
A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rader, Peter. Mike Wallace: A Life. Nova York: Thomas Dunne Books, 2012. ISBN 0-312-54339-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Museum of Broadcast Communications profile
- Media Research Center, a conservative website, criticism of Wallace
- http://vimeo.com/40252066 Mike Wallace - 1986 interview by "The Vineyard Voice" host, William Waterway Marks
- The Mike Wallace Interview archives of his New York interview show from the late 1950s. Hosted by the Harry Ransom Center at the University of Texas at Austin.
- Mike Wallace begins "NewsBeat" program over WNTA-TV March/1959
- The Mike Wallace Interview at the Archive of American Television
- Mike Wallace Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. on On Point
- Mike Wallace on Fresh Air
- One-on-One with Mike Wallace from The Saturday Evening Post
- FBI Records: The Vault - Myron Leon "Mike" Wallace at vault.fbi.gov