Milagros López Blanco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1904 Laza, España |
Morte | 21 de febreiro de 1995 (90 anos) Pontevedra, España |
Causa da morte | morte natural |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra |
Actividade | |
Ocupación | mestra |
Familia | |
Irmáns | Celso López Blanco |
María de los Milagros López Blanco, nada en Laza o 24 de febreiro de 1904 e finada en Pontevedra o 21 de febreiro de 1995, foi unha mestra galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Francisco López Cuquejo, fiel contraste na provincia de Pontevedra, e Liduvina Blanco, e irmá de Celso López Blanco. Viviu un tempo en Valladolid.
Ingresou no Instituto de Pontevedra en 1916[1] e despois estudou na Escola Normal de Pontevedra, onde obtivo o título de mestra en 1926.[2] Foi mestra en Ribadelouro (Tui) e Budiño (Salceda de Caselas) dende 1934. Era socia da Casa del Maestro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sancionada con suspensión de emprego e soldo o 1 de setembro de 1936. Revisado o seu expediente en decembro, foi sancionada con seis meses de suspensión de emprego e medio soldo.[3] En 1937 foi nomeada mestra interina da graduada de Ponte Caldelas.[4] En 1938 volveu á escola de Budiño. En 1941 foi destinada á escola de Ribeira (Crecente).[5] Tamén deu clase en Cutián (San Xurxo de Sacos), Seixo, Cuspedriños, o seu último destino.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1929 co tamén mestre Rodolfo Estévez Rodríguez.[6] Tiveron tres fillos: Rodolfo, Fernando e José Luis.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Correspondencia Gallega, 20 de setembro de 1916, p. 3.
- ↑ El Progreso, 28 de maio de 1926, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 13 de decembro de 1936, p. 11.
- ↑ El Noticiero Gallego, 4 de abril 1937, p. 3.
- ↑ El Noticiero Gallego, 25 de xullo de 1941, p. 2.
- ↑ El Progreso, 14-8-1929, p. 2.