Saltar ao contido

Militza de Montenegro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Milica de Montenegro»)
Modelo:BiografíaSua Alteza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Militza de Montenegro

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sr) Милица Николајевна Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(sr) Милица Петровић Његош Editar o valor en Wikidata
14 de xullo de 1866 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Cetinje, Montenegro Editar o valor en Wikidata
Morte5 de setembro de 1951 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Alexandría, Exipto Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt. Michael the Archangel Church (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
EducaciónSmolny Institute for Noble Maidens (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPrincesa
Gran Duquesa Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Petrović-Njegoš Editar o valor en Wikidata
CónxuxePedro Nikolaevich da Rússia (1889–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
FillosMarina Petrovna da Rússia, Romano Petrovich da Rússia, Princess Sophia Petrovna of Russia, Nádia Petrovna da Rússia Editar o valor en Wikidata
PaisNicolao I de Montenegro Editar o valor en Wikidata  e Milena Vukotić Editar o valor en Wikidata
IrmánsZorka de Montenegro
Anastasia de Montenegro
Maria de Montenegro
Daniel de Montenegro
Helene Helene von Savoyen
Ana de Montenegro
Princess Sofia of Montenegro
Mirko de Montenegro
Xenia de Montenegro
Vera de Montenegro
Pedro de Montenegro Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Petrović-Njegoš-5 Find a Grave: 43965260 Editar o valor en Wikidata

Militza Petrović-Njegoš, tamén coñecida como Gran Duquesa Militza de Montenegro, nada en Cetinje, Montenegro o 14 de xullo de 1866 e finada en Alexandría, Exipto o 5 de setembro de 1951, foi unha princesa de Montenegro. Era a terceira filla do rei Nicolao I de Montenegro e da súa consorte, a raíña Milena Vukotić.

Militza era a esposa do Gran Duque Pedro Nikolaevich de Rusia, irmán máis novo do Gran Duque Nicolao Nikolaevich que, máis tarde, casou coa súa irmá, a Princesa Anastasia de Montenegro.

Militza e Anastasia

[editar | editar a fonte]

Tanto Militza como a súa irmá Anastasia foron dúas figuras sociais moi influentes na corte rusa da cal recibiron o alcume de "o perfil negro" e estaban moi interesadas no ocultismo. Hai quen di que foron elas que introduciron o charlatán francés Nizier Anthelme Philippe (quen dicía conseguir dar un herdeiro á Emperatriz Alexandra Feodorovna)[1] e, máis tarde, trala súa morte, ao monxe Grigori Rasputín, na corte rusa.[2]

Matrimonio e descendencia

[editar | editar a fonte]

O día 26 de xullo de 1889, casou co Gran Duque Pedro Nikolaevich de Rusia neto do tsar Nicolao I de Rusia. A parella tivo catro fillos:

  • Mariña Petrovna de Rusia (1892-1981)
  • Romano Petrovich de Rusia (1896-1978)
  • Nadia Petrovna de Rusia (1898-1988)
  • Sofía Petrovna da Rusia (1898-1898)

Trala Revolución Rusa de 1917, Militza, xunto a súa familia, irmá e cuñado, refuxiáronse, xunto a outros membros da familia Romanov, en Crimea. Escaparon de Rusia a bordo do navío de guerra enviado polo rei Xurxo V do Reino Unido para retirar membros da familia do país.

Tanto ela como o seu marido pasaron gran parte do seu exilio no sur de Francia. O seu marido morreu en 1931 e ela anos máis tarde, o día 5 de setembro de 1951, mentres estaba en Alexandría, Exipto.

Devanceiros

[editar | editar a fonte]
  1. Radzinsky, Edvard. Rasputin: The Last Word. London, Weidenfeld & Nicholson, 2000, pp. 59-67.
  2. Radzinsky (2000), p. 57.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Radzinsky, Edvard (2000). Rasputin: The Last Word. St Leonards, New South Wales, Australia: Allen & Unwin. ISBN 1-86508-529-4.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]