Nicolao I de Rusia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Nicolao I Pavlovich (en ruso: Николай I Павлович), Gátchina, 6 de xullo de 1796 – San Petersburgo, 2 de marzo de 1855) foi tsar de Rusia e rei de Polonia trala morte do seu irmán máis vello, Alexandre I en 1825.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante o seu goberno tentou eliminar os movementos nacionalistas, perpetuar os privilexios do estamento aristocrático e impedir o avance do liberalismo. Tamén reprimiu a insurrección decembrista en 1825 e apoiou a Austria a controlar a revolta húngara de 1848, o que lle valeu o alcume do xendarme de Europa. Logo da insurección da Polonia coñecida como o Alzamento de Novembro en 1830 e tras unha reiterada negativa súa a aceptar os límites constitucionais fixados polo Sejm polaco, este depúxoo como rei da Polonia o 25 de xaneiro de 1831; Nicolao respondeu esmagando os insurrectos e anexionando Polonia como provincia rusa. Tivo unha política expansionista que comezou dende a guerra de Crimea. Faleceu en San Petersburgo en 1855, antes de que británicos e franceses, aliados do Imperio Otomán na guerra, triunfasen no asedio de Sebastopol, abrindo o camiño ás reformas efectuadas polo seu fillo Alexandre II.
Vida privada
[editar | editar a fonte]Nicolao casou en 1817 con Carlota de Prusia. Era filla de Frederico Guillerme III de Prusia e de Luísa de Mecklemburgo-Strelitz. Nicolao e Carlota tiveron sete fillos:
- Alexandre Nikolaevich, tsarévich, futuro Alexandre II (1818-1881). Casado con María de Hesse-Darmstadt.
- María Nikolaevna (1819-1876). Casada con Maximiliano de Beauharnais.
- Olga Nikolaevna (1822-1892). Casada co rei Carlos I de Wurtemberg.
- Alexandra Nikolaevna (1825-1844). Casada con Frederico de Hesse-Kassel.
- Constantino Nikolaevich (1827-1892). Casado con Alexandra de Saxonia-Altenburgo.
- Nicolao Nikolaevich (1831-1891). Casado con Alexandra de Oldenburgo.
- Miguel Nikolaevich (1832-1909). Casado con Cecilia de Baden.
Moitas fontes afirman que Nicolao non tivo relaciones extramaritais ata despois de 25 anos de matrimonio, en 1842, cando os doutores prohibiron á emperatriz ter relaciones sexuais polo seu mal estado de saúde e frecuentes ataques ao corazón. Aínda así, Nicolao era pai de tres nenos antes de 1842, un deles coa súa máis famosa amante, Bárbara Nelídova.
Con Ana María Carlota de Rutenskiold (1791-1856)
- Iouzia Koberwein (1825-1923)
Con Bárbara Yákovleva (1803-1831)
- Olga Carlovna Albrecht (1828-1898)
Con Bárbara Nelídova (m. 1897)
- Alexis Pashkine (1831-1863)
Predecesor: Alexandre I |
Tsar de Rusia 1825 - 1855 |
Sucesor: Alexandre II |
Predecesor: Alexandre I |
Rei de Polonia 1825 - 1855 |
Sucesor: Alexandre II |
Predecesor: Alexandre I |
Gran Ducado de Finlandia 1825 - 1855 |
Sucesor: Alexandre II |